Opinión

Mentiras e manipulacións

Nunha combinación variábel de saña e sagacidade numerosos medios de intoxicación tratan de desacreditar e de desvirtuar, de xeito insistente, as propostas políticas do nacionalismo galego.

As declaracións do dito delegado non son dignas de ningún comentario. Mais, en relación co seu labor e a propósito dos temas sobre os que, os últimos días, botou a lingua a pacer, pódenselle apor, polo menos, dous cuestionamentos: un de índole diacrónica e outro sincrónica. 

Delegado do goberno é un deses cargos tan inútiles coma prescindíbeis. Suprimíbel se o que se quere é empezar a racionalizar o actual mapa político e, de verdade, aforrar. Claro que, desta maneira, deixaría de cumprir o seu cometido partidario e partidista, de xustificar a súa función.

Disto son mostra as acusacións ditas por el ultimamente contra o BNG. O fin destas é crear unha imaxe distorsionada e manipulada por completo perante a cidadanía do que representa a opción política do nacionalismo galego de esquerdas organizado.

De reproducir —corrixir, matizar, ampliar, comentar...— calquera caste de infamias xa se encargarán os medios. O escritor español José Luis Sampedro propugnaba desbotar o sintagma ‘de comunicación’.

Nunha combinación variábel de saña e sagacidade numerosos medios de intoxicación tratan de desacreditar e de desvirtuar, de xeito insistente, as propostas políticas do nacionalismo galego.

As declaracións do dito delegado non son dignas de ningún comentario. Mais, en relación co seu labor e a propósito dos temas sobre os que, os últimos días, botou a lingua a pacer, pódenselle apor, polo menos, dous cuestionamentos: un de índole diacrónica e outro sincrónica. 

"Por que non denuncia que o seu partido nunca condenou o réxime xenocida franquista? Por que non se pon de lado dos desamparados, estafados, desafiuzados, roubados, empobrecidos... do sistema capitalista neoliberal?"

Por que non denuncia que o seu partido nunca condenou o réxime xenocida franquista? Por que non se pon de lado dos desamparados, estafados, desafiuzados, roubados, empobrecidos... do sistema capitalista neoliberal?

Nesta altura vén ao conto falarmos dunha pasaxe do interesante libro de Afonso Eiré, Infiltrados. Os servizos secretos, a UPG e outras historias do nacionalismo, publicado hai pouco, de lectura amena e ben recomendábel. Un dos seus capítulos titúlase “A policía acusa o Bloque de queimar os montes”.

Nel dáse conta duns acontecementos sucedidos no verán de 1979. Estes consistiron en lles atribuír a militantes deste partido unha falsa imputación, explicitada abondo no anterior titular. Logo de varias detencións, seguidas de encarceramento sumario, o xuíz ditaminaría a absoluta  inocencia dos encausados.

Amais do dito débese explicar como é que prendera a chama, esta si, das imputacións. Para iso os denunciantes —ben instalados e acomodados no poder conservador— valéranse de declaracións falsas —realizadas mediante a extorsión—, de follas voandeiras anónimas —coma os folletos aireados en 2009 relativos ao Banco de Terras, inmediatamente antes das eleccións—, de elocuentes titulares en portada ou de artigos de opinión. A este respecto débese lembrar o sensacionalismo creado sobre o antigo vicepresidente da Xunta ou as interesadas valoracións sobre a adxudicación do concurso eólico por aquelas mesmas datas.

A estratexia, de antes e de agora, é clara: sementa merda que aínda que se (des)tape ha seguir quedando o fedor.

A reflexión final resulta evidente. Hai que desconfiar, por sistema, do aparecido na prensa xeralista, de vocación tradicional españolizante. Antes de emitir ningún xuízo débense contrastar novas e opinións. Cómpre botarmos man sempre de fontes de información propia. Para isto Sermos Galiza, que está estes días de aniversario, é un magnífico instrumento de comunicación.

Comentarios