Opinión

Marcha soberanista

Semella aberta definitivamente una veda política, para o debate sobre o dereito a decidir dos pobos en cuestións vitais censuradas até o de hoxe como é a súa soberanía, e a folla de ruta a seguir nos próximos anos por realidades políticas como a Galega, na que algúns non se atopan precisamente cómodos dentro da estrutura político-administrativa do Estado español.


Semella aberta definitivamente una veda política, para o debate sobre o dereito a decidir dos pobos en cuestións vitais censuradas até o de hoxe como é a súa soberanía, e a folla de ruta a seguir nos próximos anos por realidades políticas como a Galega, na que algúns non se atopan precisamente cómodos dentro da estrutura político-administrativa do Estado español.

A marcha que este domingo escenifican forzas soberanistas de esquerdas galegas, é sen dúbida lexitima, aínda que a día de hoxe obxectivamente minoritaria no sentir dos galegos. Partindo da base de que sen dúbida Galiza é unha nación, o lóxico dentro dunha democracia real é que determinados debates non só non asusten, senón que sexan visualizados como necesarios e representativos dunha pluralidade evidentemente existente na nosa nazón.

"Partindo da base de que sen dúbida Galiza é unha nación, o lóxico dentro dunha democracia real é que determinados debates non só non asusten, senón que sexan visualizados como necesarios"

O curioso é observar a determinadas forzas consideradas nacionalistas ignorando esta posibilidade por pura estratexia política cuantitativa, ou por non amolar a outros membros de determinadas “coalicións técnicas” con centros de decisión en Madrid, que xa se manifestaron en contra deste dereito a decidir, como é o caso do ínclito Cayo Lara, co silencio cómplice dos seus socios galegos.

Certo é que este debate non está enriba da mesa dos fogares galegos, nin é unha prioridade a desenvolver nas próximas datas, mais o que non é entendible é que alguén que se considere nacionalista, rexeite unha cuestión que ten que ser o horizonte final básico de calquera que reivindique o dereito de autodeterminación das nazóns sen Estado como é a galega. Polo tanto o BNG está máis que lexitimado para abrir este debate, porque sen dúbida unha parte da sociedade sinte a necesidade del.

Outros poden seguir xogando a antipolítica dos lumes artificiais e a ausencia de achegas, porque danse conta que en época de depresión, os populismos máis baleiros soen ter bos resultados nas urnas, claro que iso en outros períodos semellantes da Historia deu lugar ao que moitos lembramos…

Ou non?

Comentarios