Opinión

Marcha atrás...? (nin pensalo)

“ Na escola misioneira local prohibíuselle aos nenos e ás nenas falar en  ibo e teimaron en que renegasen de todas as tradicións asociadas ao modo de vida “ pagán” e Chinua Achebe zugou, absorbeu, os contos tradicionais que lle contaron súa nai e  e a súa irmá maior, historias das que dixo que poseían “ a calidade inmemorial do ceo, os bosques e os ríos”.

Na escola misioneira local prohibíuselle aos nenos e ás nenas falar en  ibo e teimaron en que renegasen de todas as tradicións asociadas ao modo de vida “ pagán” e Chinua Achebe zugou, absorbeu, os contos tradicionais que lle contaron súa nai e  e a súa irmá maior, historias das que dixo que poseían “ a calidade inmemorial do ceo, os bosques e os ríos”.

( en memoria de CHINUA ACHEBE xigante das letras africáns)

Sempre me explicaron que iso da dirección  podía entendelo  como se fose unha estrada e o sentido por ela podería variar a segundo. Tamén se quixer podía cambiar de dirección. A cousa acae pois podemos imaxinarnos a Galicia como fundamentalmente, esencialmente, unha enorme estrada nacional (locoglobal) pola que imos de camiño as galegas e os galegos. Tamén outras xentes. Niso non queremos que se faga certo o aquel de que “ cada quen con quen veu”, pero ben, se tiver que ser, dóendonos, que lle imos facer. O asunto é que velaí que imos pola amplitude de acollernos ben, pola pluralidade, da estrada nacional  ( locoglobal) e buscando ( asemade facendo e construíndo)  un posible chegar soñado, planificado, reflexionado, intuído  e compartido, que nos realice e que sobre todo nos coloque no sermos felices. Nisto non sería ben que so fosen ( ou chegasen) diante uns poucos e moi rápido, mellor chegar xuntos todas e todos e a pasos  con tempo. Dicir tamén que con iso, algúns dos que van no camiño ( eu diría abofé que non moi cómodos), por veces bótanse fóra, tiran ao monte, sáense, por darse máis a ver ou por coller atallos ( máis ben excluírse) e así sobre todo para poder ir desfacendo no que poidan os soños e as vontades, a moral e os ánimos, as ilusións e os proxectos, o pobo e a identidade, dos que sendo seguen camiño sen afastarse. Tratan en definitiva de privar da esencia vital das ( e dos) camiñantes de boa fe. 


Eles gobernantes ( co poder e pouco co servir)  gustan de facer que fan, pero cando van con todas e con todos, niso  o propio deles é poñer forras e cavar gabias, todas as máis que se poidan, para que o camiño se faga difícil, desmoralizador, pouco doado, de pasos poucos,  e por veces ( que así xa son felices) case que imposible. Tamén, non moitas das veces , tratan de parecer ben levados cos que dan pé e daquela póñense á par destes e mesmo queren dar a mira de boa convivencia ( aínda que o verdadeiro deles sexa cohabitar… que non vaia ser). E así proceden como no asunto da Cidade da Cultura ( ese casal de viso torto polo menos). Eles  van e fan acordo con quen , o BNG, se fartou de llelo dicir e advertir desde hai ben tempo, si, que ían por mal oriento e así, mesmo xa na idea de írense rápido polo atallo, collen e póñense freo dando marcha atrás ( e mirade que ían triunfantes). Marcha atrás si… no que quererían facer na (da) CDC, pero ollo…para en canto haxa un argumento triste ou unha disculpa sacada do sombreiro, seguir para adiante e polo monte se fai falla para teimar en desfacer todo o outro que nos quede e se poida, que non é pouco. Referímonos ao todo outro vital e determinante do camiño firme e feito, a nación e pobo,  cara ao horizonte elaborado polas galegas e polos galegos. Por iso se algunha vez estes que nos gobernan quixesen saber das cousas malas que fan non hai que poñerlles un xornal diante, nin unha proba brillante, nin o DOG, ou un argumento incontestable, basta con poñerlles un espello e que se miren ben. Así mesmo son. E así tamén o partido a quen elas e eles representan e o que lles dá apoio. Dicir de paso que nesta marcha atrás aparente ( no tocante ao da CDC) pronto collen folgos e protagonismo ( e sen mirar derredor) e botan foghetería liberadora semellando que son eles e non os da estrada nacional, locoglobal, neste caso o BNG,  quen teimosamente deron aviso, advertiron a fartar e iniciaron as propostas para os acordos sobre o aprobado no Parlamento para a CDC do viso do Gaiás.


"Os do PP fulminaron os proxectos e os traxectos que algo tiñan que ver co “ BIPART” e como di Valentina Formoso referido á nosa Lingua Galega e ao noso Ensino"


Que son como son , que non podemos ignoralo, que ben recordarán as lectoras e os lectores como os señores e señoras do goberno en Galicia, os do PP, fulminaron os proxectos e os traxectos que algo tiñan que ver co “ BIPART” e como di Valentina Formoso referido á nosa Lingua Galega e ao noso Ensino, e sirva como modelo e texto, sen avalialos siquer, así, con dous non sei que …e a outra leria…veña…  que xa está ben de imposicións ( inventadas) , que o que vai á misa é a cordialidade ( o poder?). No fondo canto lles gustaría, e canto darían por iso, o poder decretar un silencio amplo, absoluto, de nós, a sen palabras de pobo, de lingua e de cultura, e cando así feito, deixando pasar un tempo de nós padecer ben e como por cando “ pascua aflorecida”, tal como se fosen fogos do apóstolo,  atravesar ese silencio con risos de cinismos abondosos e así  nese compás tristísimo, a “ llevo muy dentro la gaita gallega”,  festexarán “ la bandera azul y blanca por un día y sin pasarse ni un pelo”. 


Pero velaí que nestas estamos e estaremos nós, as galegas e os galegos, e así cada vez a máis comprensións, non imos tardar en que decididos e seguros, soberanos,  collamos as guías, tomemos o control da nosa identidade, da nosa historia, do que somos, para poñer o andar común en claro e así tamén o de cómo entender o noso futuro. Futuro noso determinado que avale  os mellores presentes posibles compartidos. O noso pobo do galego collerá así o liderazgo, iremos xuntos a compás do que arelamos. Liderazgo gañado limpamente, lexitimado , pois nada ven dado así polas boas, nin por atallos, nin por teorías falsas de sucesións absurdas, nin por oratorias tan baleiras como falsas.A condición a identidade. O vehículo a soberanía que é a democracia.


Marcha atrás…? Nin pensalo. O que pareza…non ha ser. Oxalá fose. 


david otero.