Opinión

Listas abertas a debate (1)

Co gallo da primeira Asemblea Nacional de Anova volveu á palestra o debate sobre a conveniencia ou non das listas abertas nun proceso electoral. Non é un debate novo, xurde cada vez que unha forza política se aproxima a unha Convención, Asemblea ou Congreso. PSOE, BNG e agora Anova teñen prantexado nalgunha ocasión esta posibilidade, mais non ten sido até este último caso no que finalmente se aprobou o seu uso, coido que precipitadamente e relatarei porqué.

Co gallo da primeira Asemblea Nacional de Anova volveu á palestra o debate sobre a conveniencia ou non das listas abertas nun proceso electoral. Non é un debate novo, xurde cada vez que unha forza política se aproxima a unha Convención, Asemblea ou Congreso. PSOE, BNG e agora Anova teñen prantexado nalgunha ocasión esta posibilidade, mais non ten sido até este último caso no que finalmente se aprobou o seu uso, coido que precipitadamente e relatarei porqué.

Non nos esquezamos de que non se trata da primeira experiencia. Nas Eleccións ao Senado Español xa é posible optar libremente aos tres candidatos ou candidatas que cada votante decida como os máis válidos, así como no caso do sindicalismo. Si analizamos o caso concreto do Senado podemos decir que un concepto baleiro de listas abertas non é nin moito menos a panacea da democracia, máis ben todo o contrario. Eis o obxectivo das miñas reflexións, as circunstancias que fan propicias ou non as listas abertas. Neste caso falemos dos vicios que poden producir, deixando para outra ocasión as virtudes que, principalmente, veñen de atallar os vicios expresados.

"Cómo podemos practicar a renovación de cargos si só coñecemos aos que os ostentan?"

- Fama vs valía. En calqueira proceso electoral pode xurdir, e xurde, a manipulación informativa. Isto é, o votante só terá criterio sobre aquelas persoas que coñeza e das que lle chegou o seu discurso. Xa que logo, os medios de comunicación poden caer na tentación de condicionar as vontades segundo os seus intereses. Así mesmo, as persoas con maior capacidade económica terán máis recursos para facer chegar as súas propostas aos electores. A releváncia pública non ten porqué ser sinónimo de compromiso ou efectividade. Ao que subscribe o poden coñecer os lectores de Sermos a través de artigos coma éste, mais é un escritor de artigos nun medio dixital o máis capacitado para representar a alguén ou algo polo mero feito de ter máis tempo para plasmar as súas ideas por escrito?

- Estancamento vs renovación. Cómo podemos practicar a renovación de cargos si só coñecemos aos que os ostentan? Si agora decidimos practicar o exercicio de redactar vinte nomes de persoas que podamos considerar válidas para representar ao PP, ao PSOE, ao BNG ou a Anova, en qué número nos quedaremos atascados e cántos deses nomes son figuras históricas da política? Non falemos xa si tamén temos que incluir o criterio de xénero e de representación territorial. Cómo chegará aos electores o discurso daquelas persoas emerxentes que prantexan alternativas e renovación? Voltamos a caer no primeiro vicio.

"É preciso iniciar un debate entorno ao mellor xeito de adoptar un proceso de listas abertas, matizando as ferramentas e medios de execución das mesmas".

- Boicot. O exemplo claro é no que o elector ten que escoller entre distintas opcións ademáis da propia. Falo dun exemplo concreto producido no ámbito sindical. A empresa acorda co sindicato afín que á hora de elexir a representantes dun sindicato crítico se opte polas persoas dos postos máis baixos e así impedir ás persoas máis cualificadas obter representación.

- Fomento do individualismo. Non teño que falar de casos nos que un candidato a senador realiza unha campaña paralela ao do seu partido para acabar acadando asento en Madrid, non? As famosas papeletas ao Senado cun só nome sinalado.

- O proceso electoral. Prantexar unha elección mediante listas abertas sin previamente ter debatido o proceso de reconto de votos retrata improvisación, falta de organización e atoparse con que non é o mesmo o discurso que a praxe. Hoxe en día, coa cantidade de ferramentas dixitais ao noso dispor é ridículo que este factor sexa un inconvinte. A bo entendedor...

Con todo isto, é preciso iniciar un debate entorno ao mellor xeito de adoptar un proceso de listas abertas, matizando as ferramentas e medios de execución das mesmas. Solucións e alternativas? Próximamente.

Comentarios