mércores 01.04.2020

Fracaso da legalización da prostitución en Holanda

A diferencia sexual é unha diferencia política porque implica xerarquía, violencia, desigualdade. Existe un mercado de carne feminina, negocio multibillonario, un tráfico de corpos de mulleres, nenas e nenos, privadas de identidade, integridade física e moral. Os enormes beneficios económicos é a razón fundamental da permanencia da prostitución.

A diferencia sexual é unha diferencia política porque implica xerarquía, violencia, desigualdade. Existe un mercado de carne feminina, negocio multibillonario, un tráfico de corpos de mulleres, nenas e nenos, privadas de identidade, integridade física e moral. Os enormes beneficios económicos é a razón fundamental da permanencia da prostitución.

Certo “feminismo”, tamén galego, defende a legalización, e hai organizacións, partidos e sindicatos que refusan pronunciarse ao respecto. Por se necesitan algunha aclaración á súa errónea postura, traduzo un artigo que mostra a súa derrota:

< En Holande comezan a lamentar a legalización a prostitución. Constatan o erro dunha lei que fracasou e que aparece a miúdo como unha coartada da escravitude.

Suecia e Noruega condénana; Bélxica toléraa; Francia sométaa a debate. E os Países Baixos láianse. Once anos despois de seren pioneiros legalizando o “traballo sexual” desembocaron nun “flop”, fracaso total. É a expresión que utilizou recentemente Eveliem Tonkens, socióloga de Universidade de Amsterdan e columnista de Volkskrant, o xornal progresista de Amsterdam. Nun texto rotundo, esta universitaria situada á esquerda, derrotou a todos os que defenderon unha legalización que nada solucionou. Os grupos liberais, “progres”, que esperaban combater as empresas dos grupos mafiosos, así como as representantes da corrente feminista que propoñen a “liberdade de elección de cada muller”, fracasaron.

Hoxe, de 50 a 90% das “traballadoras” activas detrás das vitrinas, ou nos “salóns de masaxe” fano á forza. No barrio De Wallem, o célebre “barrio roxo” de Amsterdam, só un 2% das, arredor de 6000 prostituídas confesan que lles gusta o seu “traballo”, segundo unha enquisa. Numerosas mulleres procedentes de África, de Europa do Leste e de Asia, quedan sen pasaporte á chegada e son obrigadas a ir ao “matadeiro” a cambio duns 2000 euros por mes, as máis afortunadas. Un macarra pode gañar unha media de 500.000 euros prostituíndo unhas cantas.

A boa conciencia das autoridades neerlandesas quedaba reconfortada por unha disposición legal: un cliente ao constatar que unha muller traballa obrigada, pode denunciar anonimamente a súa situación á policía.

Outro “flop”, De Wallem ve desfilar cada ano 220000 consumidores de sexo dos que a maioría das prostituídas non se fía.

A nova xeración de autoridades de esquerda que saíron elixidas, da que forma parte a alcaldesa de Amsterdam, Lodewijk Asscher, estima que a política de legalización fracasou. Cometeuse un “erro nacional”, dixo. [email protected] responsables denuncian o fracaso dunha política debida ao medo a seren moralistas, así como o argumento da liberdade individual. “ A legalización mostra sobre todo que, neste caso, a liberdade escapa, e non é máis que unha coartada para impor a escravitude”, explica Evelien Tonkens. A alcaldesa, Asscher, reclama unha penalización dos clientes e critica a moleza dunha proposición de reforma en discusión que non apunta máis que a un mellor control do sector do traballo sexual. En fin, a política da cidade de Amsterdam que pretende cambiar a situación comprando os inmobles do barrio De Wallen para impedir e complicar as actividades dos grupos criminais, está sendo discutida. O proxecto está tendo un éxito limitado e a Cour de comptes xa emitiu obxeccións.

Fracaso da legalización da prostitución en Holanda
comentarios