Opinión

Ence e as súas mentiras sobre o monte galego

Que a ubicación da factoria de Ence na Ria de Pontevedra é un atentado ecolóxico, téñeno claro ate os mais acérrimos defensores da pasteira .Mais agora, como a Lei de Costas, aprobada recentemente nas Cortes Xerais do Estado, sacandolle competencias ao poder galego ,permite a sua permanencia de xeito indefinido, estes, colleron folgos e valentia .

Que a ubicación da factoria de Ence na Ria de Pontevedra é un atentado ecolóxico, téñeno claro ate os mais acérrimos defensores da pasteira .Mais agora, como a Lei de Costas, aprobada recentemente nas Cortes Xerais do Estado, sacandolle competencias ao poder galego ,permite a sua permanencia de xeito indefinido, estes, colleron folgos e valentia .

"Apostan por un aproveitamento do monte de tipo colonial .E decir, esquilmar os recursos onde se dán, non xerar plusvalias para as persoas que viven no lugar e facer o negocio nos centros de decisión política" .

Os acérrimos defensores de Ence (Confermadera, Directorda Escola de Enxeñeiros Forestais de Pontevedra , Asociación de Becarios da Fundación Barrie de la Maza , o Presidente da Deputaciòn de Pontevedra) ,están iniciando unha campaña mediática para tentar demostrar que a permanencia da pasteira na Ria de Pontevedra é fundamental para o presente e para o futuro do monte galego .Compre desmontar esta teoria porque, ademais de ser interesada, non é certa.

O futuro para o monte galego que prantexa Ence, é o de un monte forestalista-productivista .Mais non unha produción de madeira diversificada ( que xeraria  valor engadido na industria de 2ª e 3ª transformación). Non, prantexan un monte en rexime de bi-cultivo forestal (especies de crecimento rápido para producir pasta de papel e cultivos enerxéticos para producir enerxia ).Apostan por un aproveitamento do monte de tipo colonial .E decir, esquilmar os recursos onde se dán, non xerar plusvalias para as persoas que viven no lugar e facer o negocio nos centros de decisión política .

Este futuro para o monte galego que prantexa Ence, é un modelo de monte do pasado.O pobo galego , sobor de todo os habitantes do rural ,temos experiencias de este modelo de monte, porque foi o modelo que puxo en marcha o reximen franquista .E sabemos as consecuencias de ese modelo forestalista :degradación da terr , abandonoso territorio polas persoas e lumes .O futuro do monte galego non pasa por un monte forestalista.Pasa por acadar un monte mulfituncional e sustentabel ,axustado as demandas dos seus titulares e as demandas da socieedade no seu conxunto .Un na que a producción de madeira pode ser moi importeante ou insiñificante. Un monte no que a sua posta en valor a decidan  os seus titulares e non a decida os intereses da industria da madeira.

"Onde está o rendimento económico do modelo de monte prantexado por Ence ?.No monte non ; nos titulares das terras , tampouco .Haberá que buscalos nos petos dos accionistas da pasteira".

Outro dos argumentos que prantexan os defensores de Ence e que a permanencia da pasteira e rentabel para os titulares dos montes Que sen esa presencia, o monte galego non terá futuró. .Non acreditamos que o monte só ten que cumprir unha función económica e moito menos economicista .Mais , baixemos ao seu campo de xogo e admitamos as suas reglas  para demostrar que este argumento ,tampouco é certo .

O modelo de monte que prantexa Ence, produce, aos titulares das terras un rendimento económico de 429 euros/ha /ano .Se producimos o mesmo eucalipto pero para destinalo a  chapa ou a serra , o rendimento económico para o titular da terra será de 1020 euros/ha/ano.Se adicamos o monte ao aproveitamento do porco celta, o rendimento para o monte ao aproveitamento do porco celta , o rendimento para o titular da terra será de 2.500 euros/ha/ano .E se adicamos o monte ao aprotamento de froitos (arandano , frambuesa....), o rendimento económico para o ti-tular da terra será de 8000euros/ha /ano .Onde está o rendimento económico do modelo de monte prantexado por Ence ?.No monte non ; nos titulares das terras , tampouco .Haberá que buscalos nos petos dos accionistas da pasteira.

A alternativa mais acaida é o traslado de factoria de Ence, pechado o ciclo productivo ,xa que a defensa dos postos de traballo,e moi importante .Mais si o que se prantexa é , ou factoria na Ria , ou o seu peche, o monte galego, a desaparición de Ence , non siñifica absolutamente nada .Nin no presente ,e moito menos de cara ao futuro .Porque o futuro do monte galego  ou e un monte multifuncional e sustentabel , ou non terá futuro .Por iso compre amosarlle aos acérrimos defensores de Ence ,que outro modelo de monte e posibel .

Comentarios