Opinión

Eloxio da política

Pois xa perdín a conta das veces que escribín, tamén neste mesmo SERMOS GALIZA, sobre a importancia da política e dos políticos, e, sobre todo, da importancia de non confundir as cousas e tomar a parte polo todo. Porque estou certo de que a meirande parte das persoas que se adican á política son xente que non está aí para roubar e facernos a vida peor. Outra cousa é, como eu dicía no artigo de hai un par de semanas, que polo xeral (pero insisto: hai moitas, moitas excepcións) sexan xente mediana, con poucas luces e, sobre todo, persoas atrapadas no inmediatismo, no problema concreto, chámese Preferentes chámese Marcial Dorado. Vexo poucas miras amplas. Mais tamén xente interesante que pode facer, e de feito fai, moitas cousas boas por nós, con vocación de servizo público e desexo de deixarlle un mundo mellor aos que veñan detrás.

O que pretendo é chamar a atención sobre unha actitude que coido absolutamente perigosa, que é a de tirar polo camiño do medio e manter que como o sistema non funciona (e é obvio que non funciona: a democracia está en plena crise de lexitimidade. A xuventude fuxindo das urnas...) o que hai é que facer unha enmenda á totalidade. Movementos como DEMOCRACIA REAL, XA, o 15 M, e as distintas mareas de indignados e fartiños de todo (cos que comparto o noventa por cento do que esixen) pecan, ao meu ver, dun problema de análise curta, ao reducilo todo ao feito de acabar cos políticos. Oxalá fose así de doado: como os políticos teñen culpa de todo, rematemos con eles e desaparecerán todos os problemas.

"Movementos como DEMOCRACIA REAL, XA, o 15 M, e as distintas mareas de indignados e fartiños de todo (cos que comparto o noventa por cento do que esixen) pecan, ao meu ver, dun problema de análise curta, ao reducilo todo ao feito de acabar cos políticos".

Non é iso.

Case que é infantil pensalo.

Repito sempre o mesmo porque a situación, coido, é moi perigosa. Porque o que estamos cuestionando é un sistema que, mentres non apareza outro mellor, é o que máis se achega a un certo estado de civilización. Obviamente, hai que reformar unha chea de cousas. Sobre todo, o funcionamento interno dos partidos políticos, porque é dificilísimo que alguén brillante escale postos nas listas (ou mesmo que vaia nelas) e é máis doado ver como os fieis ao xefe ocupan eses postos de poder. A fidelidade, na política, non ten por que ser necesariamente un valor. Baltar tiña (e ten) un cento deles.

Se cuestionamos o sistema, debemos entender que fóra só hai fascismo. E eses, como sabedes, sempre están aí, agochados esperando o seu momento para afiar os cairos e trabarnos na xugular, E así, levados pola boa intención, nobre, sen dúbida, de criticar o que hai para soñar algo diferente, abrímoslle as portas aos que nos queren domeñar e castrar, aos que nos queren baixo do seu xugo (e frechas) coma bois escravizados.

A crítica é necesaria. Pero non podemos romper a baralla.

E se isto cae volvemos ao pasado. Mirade en Grecia e Francia, onde os neonazis son de cada vez máis fortes.

A miña alternativa democrática é a democracia.

Eu, eloxio a política.

Comentarios