Opinión

Eleccións en outono: breve reflexión sobre un gran goberno

Finalmente, segundo era previsto, o presidente da Xunta vén de convoca-las eleccións para outubro. O adianto electoral non é evidentemente inocente nen casual, mais tampouco semella que sexa moi necesario afondar nas causas do mesmo. Interesa, entendo eu, reflexionar brevemente sobre os condicionantes que convirten a este proceso electoral en verdadeiramente decisivo para o país.Galiza non levanta cabeza.

Finalmente, segundo era previsto, o presidente da Xunta vén de convoca-las eleccións para outubro. O adianto electoral non é evidentemente inocente nen casual, mais tampouco semella que sexa moi necesario afondar nas causas do mesmo. Interesa, entendo eu, reflexionar brevemente sobre os condicionantes que convirten a este proceso electoral en verdadeiramente decisivo para o país.

Galiza non levanta cabeza. A mercadotecnia política que aplica o que goberna, mesmo en momentos coma o presente, tentará apresentar as cousas en positivo. Unha perspectiva mínimamente imparcial , sen embargo, debuxa un panorama traumático. Os problemas estructuráis do país –envellecemento da poboación, despoboación rural, crise endémica do sector primario, debilidade do tecido industrial, ou carencias nos sistemas educativo e asistencial- son máis problemas tralo pase pola dereita e no contexto da crise capitalista especulativa. Marca da casa do fraguismo e do post-fraguismo foi acometer un meditado e intenso proceso de desestructuración da socieade, propio de quen non acredita en cousa distinta a un modelo de sumisión no que Galiza siga sendo unha colonia do Estado español. Se o leitor adica un momento a reflexionar sobre esta idea, percibirá que tal desestructuración vén sendo sempre a resultante dun ataque en varias frontes , en particular tres: a económica, a cultural/educativa e a territorial.

No eido económico, esta última lexislatura tén sido de ímprobos esforzos por desfacer. Velaí o asunto eólico, velaí o peche continuado de empresas, ou os ERES para crear emprego de Mariano. Velaí a cada vez máis precaria situación do agro galego ou da pesca. Empregáronse a fondo en desfacer, entregarlle cando se terciou os restos ó capital de Madrid, e aderezar todo iso con bobadas, tipo mercar un Citröen para pasearse, xantar cuns señores mexicanos que din que van facer, abrir minas de ouro, fábricas de coches que non existen, ou de píldoras que non curan, e outras frivolidades polo estilo. Apoio ao emprendemento, cero, ou aínda mellor, cousas pequeniñas. As catro grandes subvencións do Igape xa son outro cantar. Como sempre dicimos, o negocio é o negocio.

Qué dicer da política cultural e educativa. Na educación, recortes, e man dura que hai moito elemento da CIG. Iso sí, recortes mais non ás subvencióna aos colexios concertados, que ademáis o conselleiro acredita moito nas convencións da ONU sobre a segregación sexual. O primeiro que fixeron, porén, foi esa reforma de calado que representou trocar galescolas por galiñas azúis, que ben podían ter sido panteras rosas ou cans verdes. Moita é a inquina que lle teñen ao idioma. O franquismo sociolóxico segue nas mesmas de sempre, con aquello de sea cívico, hable español. E en canto á política de comunicación, impulso dunha dinámica perversa que algún día haberá que quebrar: maná para os caciques da comunicación de sempre, sobre todo para un, unhas moedas de céntimo para os demáis, non vaia ser que saian adiante, e utilización da televisión pública xa non coma altofalante do virreinato, senón como instrumento de banalización da cultura do país, que segundo esta xente se identifica con cousas tales como dous tipos disfrazados de vellas falando cunha vaca no Luar.

En fin, en canto ó territorio, asuntos coma os acontecidos en Barreiros ou Miño,con paralela desactivación funcional da APLU, coma a práctica desaparición de contróis ambientáis precisamente onde máis falta fan, ou coma a aprobación dese instrumento ignominioso que é o plan do litoral, amosan ben ás claras con quén estamos a xogarnos os cartos. A última, e non por iso menos grave, é o proxecto ese de quitar ouro en Corcoesto, a base de zoupar cada día tonelada e media de cianuro, substancia tan boa para as augas subterráneas coma para matar maridos.

O desprestixio social da clase política pode ser merecido, pero é preocupante, sobre todo cando as reflexións comenzan e rematan con iso de que son todos iguáis. Sería errónea a idea de que o goberno de Feijoo foi un gobernó de inútiles, porque verdadeiramente foi un goberno útil para os seus intereses, que son privados e dende logo opostos ó interese xeral. Hai un substracto ben claro tras tal entendemento da política, que é a concepción da sociedade estilo antigo réxime, como gleba manipulada pola caste de señores, ou de señoritos pijos. Pena que non haxa latifundios, porque estarían na súa salsa.

Comentarios