mércores 19.02.2020

Editorial #Sermos376: O que está en xogo

Esta quinta feira, 12 de decembro, o profesorado galego está convocado a unha folga por todos os sindicatos con representación no sector. O reclamo da recuperación do horario ‘pre recortes’ abandeira unha protesta máis ampla, na que se pide que se devolvan dereitos, pois só esa recuperación –de medios, de persoal, de fondos– permitirá garantir verdadeiramente un ensino público, digno e de calidade na Galiza.

O paro chega ao tempo que as tres universidades galegas mostraron o seu rexeitamento ao proxecto de crear na Galiza unha universidade privada, entidade que podería botar a andar para o curso 2020/2021. Unha iniciativa que implicaría unha fenda, un chanzo máis cara á desigualdade, salientan as persoas críticas, pondo en bandexa unha nova universidade para a elite económica.

De fondo, a política da Xunta da Galiza cara ao ensino, que se define por si propia nun só dato: 12% dos fondos da Consellaría de Educación van para convenios co ensino concertado privado. En euros, 1.100 millóns nos últimos catro orzamentos.

O que está en xogo, en definitiva, é se o ensino é un dereito para todas ou un negocio para poucas. Da resposta depende que Galiza imos ter

Editorial #Sermos376: O que está en xogo
comentarios