Opinión

Desgoberno, desinterese ou ONG?

Vainos resultando difícil acompañar ao goberno municipal do Concello de Teo, diante da desídia ao que nos ten acostumadas. Certo é que diante dunha situaçom asfixiante no económico e de restrición de dereitos normativos as persoas se sentan desalentadas. É humano.

Vainos resultando difícil acompañar ao goberno municipal do Concello de Teo, diante da desídia ao que nos ten acostumadas. Certo é que diante dunha situaçom asfixiante no económico e de restrición de dereitos normativos as persoas se sentan desalentadas. É humano. Se ben é certo que esta reflexion valeriamos a calquera de nós nunha tertulia entre amigas non a podemos xustificar na actuación dos nosos gobernantes. Gobernantes coido que será moito dicir.

Escribía hai atrás unha articulista nesta xornal que era tempo de aproveitar a conxuntura desastrosa que está a pasar a sociedade para botar os reis da baralla sobre a mesa e apostar forte  como en tempos da República. Estamos a mesturar tantas cousas, tantas ansias e tantas vontades, que esquecemos que a República era española; inxénua co papel que estaban a xogar as dereitas, e ráncia e reacionária coa cuestión das identidades nacionais. Até donde me chegan a memória e as consultas bibliográficas non atopo caso ningún onde organizacións, partidos, asociacións e frentes coa nave nodriza em Madrid, antepoñan ou antepuxesen os intereses do meu Pais en primeiro térmo ao desa enteléquia chamada España.

"Nom move um dedo por tentar poñer a andar iniciativas que ilusionen á nosa poboación".

Mais volvendo ao caso, e mália que o anterior teña muito a ver coa confusiom que está a ter parte da cidadania, no concello de Teo non se governa: deixa-se ir. Ouvindo con desinterese e aburrimento as iniciativas que a esquerda nacional lle apresenta en cada pleno, asinte e recolle, lástima fora!; mais nom move um dedo por tentar poñer a andar iniciativas que ilusionen á nosa poboación. Nom hai cartos, nom hai interese. Isto da política xa non semella tan rendíbel e ter tantos frentes abertos pasa factura.

Entrementres e o Governo Municipal, declara-se solidário co Dia Internacional do Alzeimer. Tod@s somos solidárias!

O BNG non goberna en Teo, non pode representar o papel do Goberno. Roubarom-lhe, no seu dia, as actas e mália isto segue a trabalhar sen acougo; é o que toca , é o que resta. O que faga falla, con tal de que as forzas españolas non nos volten a submeter nunha longa noite de ignoráncia e clientelismo.

Comentarios