Opinión

Desafiuzamentos: síntoma, non enfermidade

A crise económica que estamos vivindo e os desafiuzamentos son distintas caras da mesma moeda. Pero a loita contra os desafiuzamentos é unha batalla incompleta, que non vai a raíz do problema que xerou esta a crise, a especulación cun ben básico, a vivenda, froito do sometemento do sector inmobiliario as regras do mercado, unha vez desaparecida a vivenda pública.

A crise económica que estamos vivindo e os desafiuzamentos son distintas caras da mesma moeda. Pero a loita contra os desafiuzamentos é unha batalla incompleta, que non vai a raíz do problema que xerou esta a crise, a especulación cun ben básico, a vivenda, froito do sometemento do sector inmobiliario as regras do mercado, unha vez desaparecida a vivenda pública.

Sería doado escribir sobre a situación do nacionalismo despois das eleccións autonómicas, pero formo parte dunha minoría que pensa que os debates internos deben ser iso, internos. E debemos centrarnos nos problemas que afectan á cidadanía propoñendo ademais alternativas. Dito isto, continuarei co tema que da título ao artigo.

As grandes crises que viviu o Estado Español dende a morte de Franco (que non do franquismo que sigue vivo e latente coma un virus letal a espera de condicións favorables para reactivarse), teñen unha orixe común, o estoupido das burbullas inmobiliarias. Malia que hai que recoñecer que ningunha das crises anteriores tiveron o impacto da actual.

Falase da existencia dunha crise financeira e do rescate bancario, certamente os bancos están en crise debido a sobreexposición ao sector inmobiliario pero a maior parte dos activos que pasaran ao SAREB, o denominado banco malo, non son vivendas embargadas aos cidadáns. No banco malo entraran maiormente vivendas e chan que foron entregados polas empresas do sector inmobiliario, empresas que si que viron zanxadas as súas débedas cos bancos. O bancos tamén entregaran ao SAREB as participacións accionaríais en empresas do sector inmobiliario. En total serán mais de 89.000 vivendas que pasaran a mans públicas.

A desaparición da vivenda pública, que ademais de facilitar a cohesión social equilibraba o mercado inmobiliario, permitiu unha especulación sobre a vivenda que provocou a burbulla. Durante as épocas de bonanza (nas que tamén houbo un reparto desigual da riqueza) o Estado tiña superávit, pero as familias tiveron que dedicar un esforzo crecente a adquisición dun ben básico a vivenda, vulnerando o dereito a mesma que contempla a súa sacrosanta constitución. As familias sobreendebedáronse para acceder a vivendas, que en moitos casos non cumprían requisitos mínimos de habitabilidade (na vivenda valor e prezo eran distintos). A riqueza inmobiliaria das familias baixou un billón de euros dende xuño do 2008, segundo dados do Banco de España. Un dos riscos do banco malo é que abarate aínda mais o prezo da vivenda baixando a riqueza inmobiliaria das familias, os aforros de toda unha vida.

Os desafiuzamento son un drama humano, unha inxustiza provocada pola perda do emprego e a carencia de ingresos, pero non deixan de ser a febre. É por iso que combater os desafiuzamentos sen solventar o problema principal, a enfermidade que é a falta de vivenda social e pública non soluciona nada.

Está claro que as persoas desafiuzadas teñen dereito a que a súa débeda sexa condonada coa entrega da vivenda, como foron condonadas as débedas das construtoras. E teñen dereito a que lle facilitemos colectivamente un teito no que refuxiarse.

É preciso un parque de vivenda pública autonómica e municipal en aluguer proporcional ao nivel de renda, é unha cuestión de xustiza social, pero tamén é vacinarnos contra futuras crises. Poñer o SAREB e o seu incrible parque de vivendas en máns de grandes investidores privados, como pretende o goberno do Partido impopular, é inxusto socialmente, pero ademais é tropezar novamente na mesma pedra.

Loitemos pois contra os desafiuzamentos, pero tendo claro que a reivindicación política debe ser a vivenda pública. Cando ademais esta ten un custe exponencialmente menor ao que pagamos colectivamente pola crise do mercado inmobiliario.

Comentarios