Opinión

Declárome lectora

Declárome lectora. Cada vez máis necesaria e irrenunciabelmente lectora. 

Porque cando os tempos tornan avoltos, todo un mundo de historias non vivenciadas, mais por outros para min recreadas, acórdanme a existencia dunhas raíces que alimentan ilusións á procura doutras idades posíbeis. 

Porque cando as modas sociais dominan baixo berros de ignorancia televisiva, estulticias degradantes e mercadeo cuantificado en sobres de compra-venda, outros protagonistas tamén reais e alter ego imaxinarios invocan en min autorreflexión sosegada. 

Declárome lectora. Cada vez máis necesaria e irrenunciabelmente lectora. 

Porque cando os tempos tornan avoltos, todo un mundo de historias non vivenciadas, mais por outros para min recreadas, acórdanme a existencia dunhas raíces que alimentan ilusións á procura doutras idades posíbeis. 

Porque cando as modas sociais dominan baixo berros de ignorancia televisiva, estulticias degradantes e mercadeo cuantificado en sobres de compra-venda, outros protagonistas tamén reais e alter ego imaxinarios invocan en min autorreflexión sosegada. 

Porque cando os tempos ensanguentados deixaron orfos os nomes e silenciadas as voces, doentes as almas e sometidas as vidas vividas a contrafío, cómpre revolvermos nova tinta restauradora, debulladora de caracteres reparadores, porque a escrita é o noso GPS individual e colectivo.

Porque cando os espazos do arredor mesturan secuencias itinerantes de flashes crueis e detonadores, outros espazos-instante-polaroid revelan sensacións sempre novas, do trinque, que non sedan para sempre as meniñas dos ollos nin alimentan a fugacidade da conciencia coherente. 

Iso é. É por iso que leo. Por necesaria coherencia interna.

Porque cando os tempos ensanguentados deixaron orfos os nomes e silenciadas as voces, doentes as almas e sometidas as vidas vividas a contrafío, cómpre revolvermos nova tinta restauradora, debulladora de caracteres reparadores, porque a escrita é o noso GPS individual e colectivo.

Porque cando as tebras cegan e os medos abafan a memoria das mulleres, agroma a raíz da literatura restitutoria alimentada polo humus vital de dignidades ultraxadas ou negadas, devoradas pola censura ideolóxica e patriarcal. Lectura entre liñas desacougadas á espera da restauradora luz da alba.
Sempre a literatura a declarar como testemuña viva no xuízo temporal, a se converter nos óculos da memoria-ponte e no espello retrovisor que anove, desde a palabra, a auténtica madeixa dos territorios-muro que alguén ergue para as marxes da invisibilidade.

A literatura impélenos: Ábrelle a porta ao mar1, porque sabe que o mundo do mar nos acompaña, mesmo cando non o vemos, cando non o ulimos nin o ouvimos nin nos repara coa súa salseira en friaxe batida. Galegos e galegas ben sabemos da necesidade deste irrenunciábel horizonte de traballo e futuro.

A literatura márcanos unha Cita en Fisterra2, porque no cabo do mundo, desde o noso centro do mundo, ollamos o horizonte e vemos reflectida a nosa propia vida, quen fomos, que somos e cara onde imos. 

A literatura filma en Memoria para Xoana3 a reconstrución dunha xinea familiar de mulleres que nelas propias se autorrecoñecen e autorreferencian no mundo colectivo, moito máis aló do sempre redutista individuo.

Somos o que lemos, sentenza o escritor Alberto Manguel. E seremos no tempo a suma daquilo que levemos lido e a resta do que aínda temos por ler, acrecentamos modestamente.

A literatura é, asemade, moitas veces billete de ida e volta que nos pode envolver nos hábitos bucaneiros do século XVIII para facermos parte da descuberta daquela Pirata4 transgresora nun mundo espazo-temporal de e para homes.

A lectura é o meu acubillo virtual. Virtual? Desde cando os pensamentos, sensacións, emocións, tramas, títulos, pseudónimos, concursos, premios, editores, libreir@s, crítica literaria, lectores e lectoras, escritores e escritoras... son virtuais?

A lectura é real, tan real coma nós mesmos. Nada máis real, tanxíbel, palpábel que a escrita e a lectura, auténtico tránsito entre a creación individual e a atención e goce colectivo. 

Será por iso que nós tamén somos pura realidade?

Somos o que comemos e seremos o que levemos comido, din os nutricionistas nas guías previsoras para unha boa saúde física. 

Somos o que lemos, sentenza o escritor Alberto Manguel. E seremos no tempo a suma daquilo que levemos lido e a resta do que aínda temos por ler, acrecentamos modestamente. O noso contaquilómetros persoal virará sobre o seu propio eixo alimentado en compases concéntricos de todas esoutras vidas que agardan por nós para nos axudar a ser e construír.

Todos nos lemos a nós mesmos e ao mundo que nos rodea para poder esculcar que somos e onde estamos. Lemos para entender ou para empezar a entender. Non temos outro remedio que ler. Ler, case tanto como respirar, é a nosa función esencial.

Parabéns, en definitiva, a todas as persoas que, desde a escrita, a lectura, a divulgación, a mediación, a edición, a crítica, a distribución e a presentación en escaparates cativadores, facemos posíbel que a forza omnipotente da palabra galega impresa nos asegure e reafirme como o que somos: continuadores dos galegos de onte, respectuosos cos galegos de hoxe e sementadores dos galegos do mañá.

...............

1.Ábrelle a porta ao mar, Xavier Seoane
2.Cita en Fisterra, Luís Rei Núñez
3.Memoria para Xoana, Marica Campo
4.Pirata, María Reimóndez

 

 

Comentarios