Opinión

Débedas históricas dos montes veciñais: foros vellos e desafiuzamentos novos.

Cando as populacions do medio rural lograron a recuperación dos montes veciñais (a partir da década dos 60 do século pasado) estes foron devoltos con débedas , que chaman incorrectamente historicas A veciñanza comuneira ,para poder xestionar libremente os seus montes veciñais , ou ben tiveron que aboar esas débedas ( pagar un foro ) ,ou asinar un convenio coa Xefatura de Producción Forestal e pagarlle unha

Cando as populacions do medio rural lograron a recuperación dos montes veciñais (a partir da década dos 60 do século pasado) estes foron devoltos con débedas , que chaman incorrectamente historicas A veciñanza comuneira ,para poder xestionar libremente os seus montes veciñais , ou ben tiveron que aboar esas débedas ( pagar un foro ) ,ou asinar un convenio coa Xefatura de Producción Forestal e pagarlle unha porcentaxe en cada corta de madeira (pagar rendas por algo que é seu).

Estas débedas , chamadas incorrectamente ,históricas , son inxustas dado que proveñen de un roubo , de unha usurpación .Nos primeiros anos da dictadura franquista ,os montes veciñais foronlle usurpados a veciñanza comuneira para entregarllos as Administracions Públicas (sobor de todo aos concellos ) .E certo que nos montes veciñais en mán común existen débedas .Mais ,non son débedas das das populacions do medio rual hacia as Administracions Públicas.

Todo o contrario , son débedas das Administracions Públicas hacia o medio rural .

Cando os montes veciñais en mán común foronlle usurpados a veciñanza comuneira , estes foron expulsados das suas terras comunitarias .Como consecuencia de esta expulsión ,os aproveitamentos agro-gandeiros , foron prohibidos nestas terras .Os veciños e veciñas dos lugares ,aldeas e parroquias ,quedaron sen medio de vida e tiveron que emigrar a Europa ou as grandes cidades do Estado Español ,quedando o rual despoboado e abandonado .Como consecuencia desta usurpación ,os montes veciñais encheronse de especies de crecemento rápido en rexime de monocultivo e chegaron os lumes forestais coas consecuencias negativas tanto económicas como medioambientais para o Pais .Esta é a débeda real .A débeda que hai que cuantificar .A débeda que non teñen que pagar ,senon cobrar as persoas que viven , traballan e xestionan o medio rural .

O Partido Popular ,en solitario e sen consenso social ,ven de aprobar unha Lei de montes de Galiza .Por imposición de esta Lei , as comunidades de montes que,en catro anos ,non paguen estas falsas débedas históricas , estan obrigadas a asinar un contrato de xestión con empresas privadas, e ao mesmo tempo , seguir pagando a débeda .A similitude cos desafiuzamentos e mais que equiparable .As comunidades de montes teñen que entregar as suas titularidades ao capital (como as persoas as suas vivendas aos bancos ) , e seguir pagando as falsas débedas ( como as persoas teñen que seguir pagando as hipotecas ).

Tanto os vellos foros de onte , como os desafiuzamentos de oxe , son unha inxustiza .E coas inxustizas hai que acabar.

Xose Alfredo Pereira Martinez

Comentarios