Opinión

De solidariedade e outros contos

Non deixa de sorprender como o sistema (na súa máis ampla acepción) foi capaz de introducir na sociedade conceptos e ideas interesadas que van facéndose cada día máis fortes. Comezaron con aquilo de “vivimos por riba das nosas posibilidades”, seguiron co “cando as cousas van mal, tod@s temos que arrimar o ombreiro” e agora chegou a época de “ser solidari@s”.

Non deixa de sorprender como o sistema (na súa máis ampla acepción) foi capaz de introducir na sociedade conceptos e ideas interesadas que van facéndose cada día máis fortes. Comezaron con aquilo de “vivimos por riba das nosas posibilidades”, seguiron co “cando as cousas van mal, tod@s temos que arrimar o ombreiro” e agora chegou a época de “ser solidari@s”. Porque ata niso xa decidiron por nós o que temos que ser, con quén, cómo e cando.

Ben é certo que a solidariedade debera ser unha obriga, pero ben entendida. Solidari@ non é quen quere, é quen pode. E plantexar a necesidade de que todo o mundo o asuma como obriga moral non é outra cousa que, unha vez máis, ocultar o verdadeiro problema. Como mostra, a frase do relixioso Hélder Câmara: “cando alimentei aos pobres chamáronme santo, mais cando preguntei por qué hai xente pobre chamáronme comunista”.

Solidari@ ten que ser quen pode, solidari@ ten que ser quen ingresa a costa do traballo doutros e leva os seus cartos para Suíza, solidari@ ten que ser quen impulsa campañas mediáticas publicitarias para anunciar a doazón dunha ínfima parte dos seus ingresos mentras fuxe do pagamento de impostos, solidari@ ten que ser quen explota a traballador@s para enriquecerse…

Solidariedade é apostar por un sistema que garanta a igualdade social, que garanta que a xente poida vivir con dignidade. Solidariedade é pagar salarios xustos ás traballador@s e permitirlles traballar en condicións e non réxime de semiescravismo. Solidariedade é pagar os impostos, na parte que corresponda, para manter a sanidade, a educación, os servizos sociais para aquel@s que non poden ser solidari@s...

Solidariedade non é que @ pensionista que cobra 600 euros ao mes, enferm@ crónic@, pague 8 euros polos seus medicamentos e 10 euros por cada vez que use a ambulancia para acudir ao seu tratamento. Tratar de que tod@s sexamos solidari@s para que @s que nunca o foron continúen sen selo é un paso máis na espoliación das clases traballadoras e das maiorías sociais e na utilización da moralidade como arma de dominio social.

Campañas de recollidas de alimentos, de roupa, de xoguetes… son moi boa opción para dar saída ao consumismo que nos enche os roupeiros e os cubos do lixo. Unha e outra cara deste sistema que nos consume a nós.

Pero que estas campañas as fagan aqueles que están rematando co xa cativo “estado solidario” existente (de ter cabida esa nomenclatura), non pode entenderse doutro xeito que non sexa para seguir inculcando na xente a culpabilidade da que tanto gostan e da que teremos que redimirnos se queremos entrar no reino dos ceos. Ver como o Partido Popular, que se encarga de liquidar cada día servizos públicos para tod@s, encabeza campañas (sexa como tal ou como sección xuvenil) de “solidariedade”, acláralle (a quen tivese dúbidas) de cal é o modelo do PP.

Un goberno serio, que apostase por atender as necesidades da xente, preocuparíase de que a solidariedade se exercera cos impostos, que son o mellor xeito de solidarizarse. Preocuparíase de que os que máis teñen pagasen máis (ou pagasen, sinxelamente) e con iso manter os servizos públicos (que eses si que son solidarios!) accesibles para todo o mundo. Pero non, o Partido Popular prefire perdoar aos poderosos e non pasarnos nin a primeira á maioría d@s mortais. E despois, aparecen campañas “solidarias”. Pero solidariedade non é doar cestas de nadal ou poñer a disposición de quen o necesite vivendas. Iso é beneficencia, non é solidariedade. Que os ricos deixen migallas e fagan que o resto da sociedade os admire e tente imitalos, mais non con migallas, senón con verdadeiro esforzo en moitos casos.

Señoras, señores, mozas e mozos do PP: solidarícense vostedes coa xente e gobernen para as maiorías sociais.

Comentarios