Opinión

De perspectivas

É verdade, van malos tempos. Pero tamén é certo que a cantidade que supón as Axudas ao Talento é tan ridícula que non creo que debamos aceptar máis rebaixa da que xa fixeron na última convocatoria. Pola contra, penso que habería que reclamar o que é noso con máis forza que nunca. E veredes por que.

É verdade, van malos tempos. Pero tamén é certo que a cantidade que supón as Axudas ao Talento é tan ridícula que non creo que debamos aceptar máis rebaixa da que xa fixeron na última convocatoria. Pola contra, penso que habería que reclamar o que é noso con máis forza que nunca. E veredes por que.

Como diciades no derradeiro escrito, a proxección que unha morea de autores independentes que, co seu esforzo e talento, souberon multiplicar con creces unha mínima inversión e amplificar a voz de Galicia alén das fronteiras con uns traballos propios e singulares, ten que ser recoñecida e apuntalada.

Dou fe:

Presentando o meu traballo en Lisboa, en Nova York ou en La Habana, unha das cousas que máis me preguntaba a xente era… Que pasa aí en Galicia que estades a facer cousas?

Gústame pisar terra e non quero falar do Gran Éxito do Audiovisual Galego!!! Sexamos honestos. Pero ninguén pode negar que nese camiño estabamos. 

Había ruxe, sorpresa claro, curiosidade e unha incipiente admiración por como un lugar tan pequeno que ás veces semella falar sómente cada catro anos co exhalar do botafumeiro, estaba agora a dar modestos pasos de xigante.

E de ter perspectiva falo e de ollar ao lonxe.

O Agadic, os responsables políticos e toda a sociedade galega, terían que ser moi conscientes de que cando se fala de nós noutro punto do planeta, aínda que sexa por algo tan sinxelo como un feixe de filmes feitos a forza de risco e entusiasmo,  non somente estamos a por en valor o noso audiovisual e a nosa cultura,  senón que estamos abrindo portas e xanelas la fora, para que por elas entren sen complexos as nosas rías e praias e o noso deseño industrial, a pedra de abalar e o noso téxtil, a tecnoloxía na construción naval e os nosos rodaballos...

E, sinxelamente, axudar a axitar a maraxe para que un día vire mar groso por catro “Cans” ao ano… sospeito que é algo que so os tolos ou os incompetentes estarían dispostos a destruír.

Malo sera…

(Carta enviada á comisión para reclamar as axudas ao Audiovisual Galego)

Comentarios