Opinión

Corrupción nos Borbóns? Camiñemos cara á República da Galiza

  A monarquía é unha institución feudal, un sensentido en democracia. A española éo aínda máis. A Constitución de 1978 declara inviolábel a figura do monarca, non suxeito a responsabilidade. Isto é unha aberración xurídica, unha monstrosidade antidemocrática, un vestixio do fascismo. É hora de desembarazármonos destes foros medievais.

A monarquía é unha institución feudal, un sensentido en democracia. A española éo aínda máis. A Constitución de 1978 declara inviolábel a figura do monarca, non suxeito a responsabilidade. Isto é unha aberración xurídica, unha monstrosidade antidemocrática, un vestixio do fascismo.

É hora de desembarazármonos destes foros medievais. É hora de gobernármonos a nós proprios. Sen ningunha limitación. Os delitos deben ser xulgados, cometer quen os cometer. Fontes próximas a Urdangarín filtraron á imprensa, cando se soubo dos seus suxos negocios, que o xenro do Rei lle botou en cara ao Borbón chefe e ao fillo varón que el se limitaba a facer o que eles fixeron durante toda a vida. Abonda xa de tanto latrocinio. Se queremos viver nunha sociedade digna temos que construír a República. Fago votos por que @s españois conquisten a III República, mais o que eu desexo é que @s galeg@s camiñemos de vez cara á I República da Galiza, un Estado propio, sen máis soberano que o pobo galego.

Comentarios