Opinión

Compartamos o escaso pan e o viño II

Sinto a necesidade de insistir, sintoa ao ler na prensa que Manolo Rivas di que vai pensarse se quere seguir pertencendo á Real Academia Galega, e tamén que Darío Xohán Cabanas di que lle dan gañas de dimitir do mundo, ao ver o que está pasando.Comprendo perfectamente o sentimento de Manolo Rivas e Darío Xohán Cabanas.

Sinto a necesidade de insistir, sintoa ao ler na prensa que Manolo Rivas di que vai pensarse se quere seguir pertencendo á Real Academia Galega, e tamén que Darío Xohán Cabanas di que lle dan gañas de dimitir do mundo, ao ver o que está pasando.

Comprendo perfectamente o sentimento de Manolo Rivas e Darío Xohán Cabanas. Un sentimento acedo nos que cremos, como di Uxío Novoneyra, que “Galicia pode ser outra cousa”, e non un lugar de loitas entre irmáns que lastran a nosa historia.

Non é posible que decidamos dunha vez por todas traballar xuntos?

Xa no ano 1894 Manuel Curros Enriquez ten que escribir na Habana o poema “Pola unión”, para pedir a diferentes grupos da comunidade galega na illa, que estaban enfrontados, que deixen de pelexar entre eles e traballen xuntos polo ben de Galiza.

Xa sei que a miña voz carece de forza, porque son só un  poeta. Pero tamén os poetas temos un corazón que sangra. Quero pedir como fixo Ferrín, cando escribiu “reclamo a libertade pró meu pobo”, pedir: reclamo a unidade dos galegos e galegas que cremos no futuro da nosa nación. E reclámoo en todos os ámbitos da vida, non só no cultural. No político é vital.

Aos meus irmáns os poetas pídolles o maior esforzo, non en vano Manolo e Darío son poetas. Sexamos nós os primeiros en compartir o escaso pan e o viño. O grande navío que é Galiza necesita que traballemos todos man con man, ou o navío acabará contra as rochas.

Somos terra de mariñeiros, os mariñeiros traballan sempre unidos para salvar o barco.

Comentarios