Opinión

Combater a indiferenza

Se anacrónica é a monarquía, anacrónica é a reivindicación de Felipe VI en Porto Rico do pasado imperial español. Fronte a quen considera, documentadamente, que a conquista de América foi unha operación de expolio e exterminio, o rei louva a presenza de España en América e asegura que os novos territorios se incorporaban á Coroa en situación de igualdade cos demais reinos. 

Esta é tamén a visión que a historiografía oficial aplica á Galiza, ocultando e terxiversando até o ponto de eliminarnos como realidade política específica na Península en aras dunha visión histórica ao servizo da coroa de Castela, primeiro, e da de España, despois. Sermos Galiza publica hoxe un adianto editorial dun libro que, desde unha visión crítica do estado da cuestión, aprofunda nese pasado oculto ou manipulado, analisando a historiografía oficial e as fontes documentais existentes. Para evidenciar, de forma incuestionábel, a relevancia do reino de Galiza e como se incorporou  - aí si acerta Felipe VI- á Coroa en igualdade cos territorios americanos, isto é, como colonia.

Comentarios