Opinión

Catalunya, no camiño cara a liberdade nacional

En algo máis de dous meses teremos una nova Diada Nacional. Que se vaian preparando por aló na capital do reino,  onde millón e medio de persoas na rúa (11 de setembro de 2012) non valeu máis que para ser a quinta noticia na apertura do telexornal central, aquel que desexarían fose o único existente. Mentres eles ignoran aquí a comunidade nacional avanza. E digo que se vaian preparando porqué se a todos nos sorprendeu o da pasada Diada, antóllaseme que o que vén para a vindeira amosará que estamos diante dun proceso irreversible. Aquí a sociedade catalá consciente non afrouxa,  sendo sabedora que o éxito do proceso depende en grande medida da súa capacidade de manter a tensión sobre unha clase política que axiña esquece os compromisos cando se mergulla nos intereses e os envurullos partidistas.  

"Non hai mellor alimento para que Catalunya avance e camiñe cara a súa liberdade nacional que a postura que manteñen as oligarquías, conservadoras e progresistas, empoleiradas no control do estado español".

Da enquisa publicada estes días polo CEO (Centre d'estudis d'opinió ) salientan dúas cousas: en primeiro lugar  a porcentaxe de persoas que afirman votarían SI nun referendo de autodeterminación, e é que por primeira vez este chega ao 55%. En segundo lugar o paso por riba en intención de voto de ERC a CiU nas eleccións ao Parlament de Catalunya.  Quen teña oídos que escoite e quen teña ollos que vexa. A xordomudez e a cegueira deixámola para o centro recentralizador que mesmo querería pechar a porta do CEO para que non publique as verdades que non queren ser escoitadas: a enquisa apunta a que a cidadanía, claramente orientada cara a soberanía, apoia a quen de maneira máis contundente a defende.
  
Estes mesmos días falou David Cameron e dixo que non se podían desatender as voces dun país cando fala de identidade e independencia, defendendo o diálogo como forma de debate e o referendo como o método democrático para a expresión libre do lexítimo dereito que teñen os pobos a decidir o seu futuro. Ao ser interpelado sobre a cuestión “española” deixou claro que non era quen para explicarlle iso ao primeiro ministro Rajoy. Está claro que Cameron non quere dar leccións pero si que apunta cal é o camiño a seguir cando se fala da expresión da identidade de comunidades nacionais no seo das sociedades democráticas occidentais ( non será que nos trabucamos cando aplicamos semellante categoría a un estado nacido e controlado polas elites do franquismo ? ).

Dígovos que aló no centro continuarán practicando a xordomudez e o NON por consiga. Alédame que así sexa, pois non hai mellor alimento para que Catalunya avance e camiñe cara a súa liberdade nacional que a postura que manteñen as oligarquías, conservadoras e progresistas, empoleiradas no control do estado español.

Comentarios