Opinión

Catalunya: a cantada reacción imperialista

Na medida en que o proceso autodeterminista en Catalunya comeza a ser un movemento profundamente popular e con participación masiva e directa da sociedade daquel país, acéndese as alarmas nas instancias políticas que negan a existencia

Na medida en que o proceso autodeterminista en Catalunya comeza a ser un movemento profundamente popular e con participación masiva e directa da sociedade daquel país, acéndese as alarmas nas instancias políticas que negan a existencia da nación catalá como titular de dereitos políticos. A resposta do Estado español e da Unión Europa contra as arelas independentistas da maioría social catalá hai que a inserir nesta lóxica de contrarios, nesta dialéctica entre oprimidos e opresores.

A resposta do Estado español e da UE contra as arelas independentistas da maioría social catalá hai que a inserir nesta lóxica de contrarios

O unionismo españolista e os globalizadores unión-europeístas son as dúas caras da mesma moeda. A Unión Europea realmente existente é unha UE dos Estados e non dos pobos, como o nacionalismo galego ten defendido historicamente. Agora isto tórnase nidiamente claro. Por que con Escocia Bruxelas actúa de forma diferente? Porque Londres, isto é, o Estado británico, ten unha política tamén diferente a respecto de Escocia, tanto que até o embaixador norteamericano na capital inglesa ten deixado entrever que o seu país traballaría sen problemas coa hipótese dunha Escocia libre [tamén dixo o mesmo a respecto de Catalunya, talvez nun desliz do estilo do que tivo John Kerry sobre Siria].

A historia demostra que os procesos de emancipación nacionais son sempre complexos e baten coa oposición frontal dos poderes imperialistas

A historia demostra que os procesos de emancipación nacionais son sempre complexos e sempre, sempre, baten coa oposición frontal dos poderes imperialistas.

Guerra psicolóxica, guerra económica, guerra propagandística (Ansón a chamar a que o Estado "estimule" á imprensa a se enfrontar a Catalunya)...todo vale no combate contra as nacións que se afirman a si propias e que procuran o seu lugar no mundo.

Engruñarse non serve de nada. A loita pola soberanía é unha longa marcha. Sabémolo ben as galegas e os galegos. Despois do suceso do 15-S, esa marcha está hoxe máis fortalecida. Mais non abonda o feito até o de agora. Hai que continuar sumando sociedade ao proxecto soberanista, sabéndomos que o unionismo é poderoso e nunca, nunca descansa.

Comentarios