Opinión

Biomasa forestal. Compre saber de onde vén o fume

Logo da vaga de lumes do verán do ano 2006, houbo consenso no sector de que a biomasa forestal residual e o mato en exceso ,facilitaba a propagación dos lumes e que era preciso xestionala .Diversos tipos de lexislacions  camiñaron neste sentido , ate que o Partido Popular ,retornou ao poder na Xunta de Galiza 

A partir deste momento, a biomasa forestal residual pasa ao esquecemento e xurden no panorama ,os cultivos enerxéticos .Cultivos enerxéticos significa plantar especies de crecimento rápido e mesmo especies invasoras, para que , en quendas de 6/8 anos, cortar para queimar en centrais de produción enerxética .Nestes momentos comeza unha planificación para a súa implantacion que ten como eixos: proporcionarlle terra as empresas privadas, facilitarlle o negocio e financiarlle o negocio con cartos públicos.

Proporcionarlle terras, usurpando montes veciñais para entregalos á empresa privada a través das chamadas Sociedades de fomento forestal (sofor) , que non son outra cousa que a xestión capitalista de terras comunitarias. Facilitarlle o negocio ás empresas privadas e levantar a prohibición de plantar en rexime de monocultivo forestal mais de 50 has continuadas.Financiarlle con cartos públicos é dirixir todas as axudas públicas cara estes proxectos 

Financiarlle con cartos públicos estes proxectos empresariais é a reforma da Política Agraria Común que considera aos cultivos enerxéticos como superficies útiles agrarias para que poidan acoller as axudas destinadas ao desenvolvemento do medio rural.Financiarlle con cartos públicos estes proxectos empresariais e a proposicion non de lei presentada polo Partido Popular e aprobada   o dia 14 do mes pasado na Comisión de Agricultura ,Alimentación,Ganderia e Montes. Proposición non de lei na que se insta a Xunta de Galiza a "impulsar a biomasa forestal como fonte de enerxia e promover cantas medidas fosen necesarias para apoiar proxectos empesariais ,neste sentido ".

"Os cultivos enerxéticos apostan polo abandono e o lume .De aí que cando se fale de biomasa forestal ,compre saber de onde ven o fume".

Lamentabelmente, esta proposición non de lei do Partido Popular, contou co apoio do grupo parlamentar de AGE porque o Partido Popular aceptoulle unha achegas de tipo xeralista.Que ,presisamente por ser xeralistas, poden ser boas ,malas ou todo o contrario .Non sei se esta postura do grupo parlamentar de AGE, debese ao descoñocemento do tema, ou por facer como aqueles que cando lle sinalan a lúa ,miran para o dedo.

Ogallá fose debido a primeira das razons xa que se soluciona con información 

Pola contra, o Partido Popular ,que si sabe moi ben o que fai ,non aceptou as achegas presentadas polo grupo parlamentar do BNG,que eran moi concretas xa que propuñan : apoiar o aproveitemento da biomasa forestal residual , apoiar neste sentido as propostas presentadas por particulares e entidades , non prestar apoio as iniciativas que tiveran por obxeto a plantación de cultivos enerxéticos .É dicir , achegas que ian no sentido contrario da proposición non de lei de Partido Popular .

A biomasa forestal residual é un recurso do monte veciñal .Os cultivos enerxéticos apostan por un monte forestalista .Por uns aproveitamentos de tipo colonial ( explotación dos recursos sen deixar nengún valor engadido ao territoria e as poboacions do territorio ) .Os cultivos enerxéticos apostan polo abandono e o lume .De aí que cando se fale de biomasa forestal ,compre saber de onde ven o fume.

                

Comentarios