Opinión

Austeridade marca PP: austeridade con sesgo ideolóxico

Vivimos nun mundo onde o poder (a burguesia como clase social) ,mediante unha hipnose colectiva , un encantamento global ,estalle cambiando o siñificado as palabras .Eles din democracia, cando queren decir dictadura do capital .Eles din liberación do mercado, cando queren decir privatización dos recursos .Eles dín axuste ,cando queren decir poda de dereitos e de prestacions sociais .

Vivimos nun mundo onde o poder (a burguesia como clase social) ,mediante unha hipnose colectiva , un encantamento global ,estalle cambiando o siñificado as palabras .Eles din democracia, cando queren decir dictadura do capital .Eles din liberación do mercado, cando queren decir privatización dos recursos .Eles dín axuste ,cando queren decir poda de dereitos e de prestacions sociais .

O Partido Popular é a proa de esta perversión da lingoaxe. Cando falan de axustes,non están a falar de aforrar cartos en gastos superfluos .Estan a falar de roubar cartos públicos para encherlle os petos a unha determidada clase social, a burguesia .Xa que logo,  a austeridade marca "P.P", é unha austeridade con sesgo ideolóxico .

Una proba de esta austeridade marca "P.P",  de esta austeridade con sesgo ideolóxico , son as axudas públicas para as socie-
dades de fomento forestal (as sofor) .As sociedades de fomento forestal , programa estrela do Partido Popular na lexislatura pasada, veñen sendo a explotación capìtalista e colonial , dos recursos do medio rural .Crearonse para entregar terras comunitarias(montes veciñais) , a empresas privadas .Como tamén e proba de esta austeridade con sesgo ideolóxico que a Consellaria de Medio Rural e Mar ,lle entregue, mediante convenio, a multinacionacional Inditex,mais cartos que o que se lle entrega as organizacions agrarias existentes en Galiza.

"Eles din liberación do mercado, cando queren decir privatización dos recursos .Eles dín axuste ,cando queren decir poda de dereitos e de prestacions sociais" .

Mediante estas axudas públicas ,as empresas privadas que xestionan as sociedades de fomento forestal (sofor) ,recibirán subvencions de ate o 100% tanto para a constitucion das sofor ( gastos de notarias, de elaboracion do plano de ordenación ,identificación das  titularidades....), como para o inicio das actividades (proxectos, valados, zonas de acopiamento.......).Pola contra , para as comunidades  de montes, que son o aproveitamento comunitario dos recursos, ou non se lles conceden axudas , ou as poucas que teñen ,non acadan un porcentaxe de axuda do 60%.

Ante esta austeridade marca "P.P", austeridade ideolóxica,  austeridade de clase , as maioiras sociais , se queremos rachar con este encantemento global , temos que colocar o dedo pulgar entre o  indice e o corazón e berrar :"Meigas fora" .

Comentarios