Opinión

Asasinatos de mulleres en Roma

A presidenta da Cámara do Senado, Laura Boldrini, nunha intervención que tivo lugar o dia 16 en Roma no Espazo Europa organizado pola Unión Forense polos dereitos humanos, deu a voz de alarma sobre a violencia que padecen as mulleres en Italia.

Alerta sobre unha emerxencia, disimulada por un extraño automatismo nos que episodios análogos e graves se repiten con moita frecuencia. O resultado debe responder a unha lóxica emerxencial.

"Sen embargo na prensa se disimula baixo un arranque masculino, un pronto, cando en realidade se trata dun acto moi anunciado, con precedentes".

Sen embargo na prensa se disimula baixo un arranque masculino, un pronto, cando en realidade se trata dun acto moi anunciado, con precedentes. Por isto, falar de imprevistos, resulta incluso grotesco. A maior parte das veces deberían chamarse asasinatos premeditados, co agravante da omisión por parte de quen debería protexer as vítimas. Ante isto o Comité de nome “Se Non E Agora Cando”, pregunta por qué os mecanismos legais non se usan. É preciso controlar a aplicación das normas.

O 27 de maio preséntase na Cámara a Ratificación da Convención de Estambul sobre a violencia contra as mulleres.

Asimesmo reconhecer que Internet amplifica o dano. Débense aplicar as normas a Interné. Tamén a publicidade. Italia esta empapelada de donas espidas e ofrecidas que se exhiben para vender calquera producto. Os modelos varían de amas de casa a mulleres obxectos. Muda e espida. De ahí a violencia hai un paso curto. Dun obxecto pódese facer o que se queira.

María Xose Queizán.

de I No Che Noi Donne Dobiamo Dire
Laura Boildrini
La Republica, Giovedi 16 Maggio 2013

Comentarios