Opinión

A revitalización do BNG 3. Comunicación.

Saldo a conta pendente entorno ao proceso de revitalización iniciado polo BNG coas cuestións que considero de trascendental importancia, a comunicación entre organización e cidadanía. Algo que se define con acerto no texto oficial como a tentativa de vencer os muros da incomunicación. 

Saldo a conta pendente entorno ao proceso de revitalización iniciado polo BNG coas cuestións que considero de trascendental importancia, a comunicación entre organización e cidadanía. Algo que se define con acerto no texto oficial como a tentativa de vencer os muros da incomunicación. 

No tocante aos referentes públicos do BNG, si non trasmiten a ilusión por mudar o país, si non viven a exercicio da política con paixón, dificilmente poderán xerar ilusión e paixón. Pero esa ilusión e paixón non se pode escenificar, debe ser sentida. O que non sexa quen de transmitir esas sensacións debe deixar paso a aqueles que sí o fagan. É cando menos paradóxico que o máis sinceiro de todos e todas sexa o primeiro en deixar paso a outras caras. Guillerme Vázquez é un dos nosos, non é elite política, é cidadán coma tí e coma eu. E fago unha paréntese para realizar unha crítica extensiva a toda a sociedade: actualmente está latente o descrédito aos mal chamados “profesionais da política”, mais no momento de exercer a acción política desinteresada non se atopan efectivos suficientes que estean dispostos a colaborar.

E así chegamos á cuestión tan de moda últimamente pero que é fundamental analizar: o uso das redes sociais. O movemento 15-M empregou eficazmente os grupos no Facebook, que poden ser públicos, mais tamén totalmente privados. As asembleas virtuais abertas a simpatizantes e as privadas para o debate entre militantes deberían ser ferramentas imprescindibles, establecendo tamén grupos para as comisións sectoriais. Si tras a constitución desas ferramentas seguimos atopándonos con achegados/as que non son quén de contribuir cando menos coas súas opinións entonces debemos valorar si realmente o son e si debemos seguir adicando tempo a contactar con eles/as.

"Os referentes públicos do BNG, si non trasmiten a ilusión por mudar o país, si non viven a exercicio da política con paixón, dificilmente poderán xerar ilusión e paixón"


E Twitter? Si quixéramos resultados inmediatos bastaría con contratar a un reputado Community Manager que nos organizase un fenómeno social por un “módico” prezo. Mais si queremos ser honestos debemos manexar as contas de xeito persoal e respostar ao maior número de mencións posibles. Deste xeito non hai barreiras na comunicación, nin hai intermediarios.

Durante a campaña das Autonómicas seica un ciclón nas redes sociais foi quen de desestabilizar as previsións electorais. Mais non nos enganemos, foi un fenómeno artificial, nada sinceiro. Basta con analizar os chíos de certas contas para saber quén emprega a súa persoalmente e quén a delegou. E hai que decilo así, os chíos de Guillerme Vázquez son moito máis sinceiros que os de Xosé Manoel Beiras.

Remato constatando un feito positivo, a conta colectiva do BNG supera en seguidores a calqueira das individuais. Isto é porque o BNG é un proxecto colectivo onde ninguén é imprescindible. Unha maior relevancia mediática da persoa sobre a organización, individualismo fronte á colectividade, define perfectamente o proxecto e non desexo ese camiño para a miña organización.

Agora é o turno da sociedade que demanda ser escoitada. Si esa petición é sinceira están ante a mellor oportunidade que se pode ofrecer, A Casa Común do Nacionalismo ten as portas máis abertas ca nunca. O 17 de Marzo debe nacer un BNG saneado e renovado que retome o camiño para o que se comprometeu históricamente: a transformación social.

 

Xosé Manoel Marcote

Responsábel Local do BNG en Baiona

@xosemarcote

Comentarios