Opinión

A política debe ser algo máis que aparencia

Hai xa uns cantos anos no transcurso dunha mobilización veciñal na parroquia na que actualmente vivo tiven un enfrontamento dialéctico co daquela alcalde do PP que me acusou de estar alí só a facer política, cando lle respostei que política facíamola tod@s empezando por el mesmo non tivo problema en dicir diante dos veciñ@s presentes que iso era mentira, que el estaba alí como alcalde e non como político e que

Hai xa uns cantos anos no transcurso dunha mobilización veciñal na parroquia na que actualmente vivo tiven un enfrontamento dialéctico co daquela alcalde do PP que me acusou de estar alí só a facer política, cando lle respostei que política facíamola tod@s empezando por el mesmo non tivo problema en dicir diante dos veciñ@s presentes que iso era mentira, que el estaba alí como alcalde e non como político e que estaba alí para falar de cousas que lle importaban á xente e non de política

Aqueles feitos viñéronme á memoria lendo estes días que a dirixente de IU Yolanda Díaz nun acto público en Madrid, no que participaba a carón do dirixente da esquerda alemana Oskar Lafontaine e dun deputado grego de Syriza, manifestou debemos “dejar de discutir por cosas que a nadie le importan” e referíndose a un BNG non presente no acto lanzou como advertencia “Si seguís con el soberanismo, no os enteráis de nada”.

A verdade é que non sei se hai xente que non as pensa cando fala ou é que hai quen non ten problema en vestir unha chaqueta ou outra en función da ocasión.

Desde sempre a dereita tenta inxectar na poboación a idea de que a política é mala e de que quen falan de política ou participan en política non son de fiar; lembremos como exemplo aquela frase de Franco aos seus ministros “hagan como yo y no se metan en política”, e semella que parte do seu obxectivo acadárono. Non o digo porque por desgraza haxa quen considere moito máis importante un partido de fútbol que participar nunha manifestación de apoio a uns traballador@s despedid@s, ou porque haxa moito máis interese nas declaracións dunha estrela das revistas de papel couché que nos acordos do consello da Xunta, ou porque moita xente estea disposta a gastar centos de euros que as veces non ten no último en tecnoloxía dixital mentres considera un exceso a cuota dun sindicato.

"Considero un pouco de mal gusto que alguén falando ao carón dun dirixente da esquerda grega ouse criticar a quen defende a soberanía do seu pobo"

Penso que debo conservar aínda algo de inocencia, pois confeso que quedei apampado ao ler como unha dirixente política que se define a si mesma como revolucionaria, comunista, alternativa, etc… podía estar tan influenciada e cegada polos argumentos ideolóxicos do sistema.

Sinceiramente considero un pouco de mal gusto que alguén falando ao carón dun dirixente da esquerda grega ouse criticar a quen defende a soberanía do seu pobo e aínda por riba sen o criticado ou criticada estar presente; pois calquera que se preocupe un pouco, só un pouco, por coñecer a situación de Grecia sexa lendo algo ou simplemente escoitando a quen fala ao seu carón, poderá comprobar como o agravamento dunha crise que xa non é económica senón humanitaria débese fundamentalmente a que a troika eliminou a pouca soberanía que lle restaba á Grecia e impón unhas medidas que son criminais para o pobo.

E sobre o de “dejar de discutir por cosas que a nadie le importan” que queredes que vos diga? O certo é que a frase renxe.

Un que é nacionalista e comunista e anda polo mundo é consciente de que hoxe hai moitísima xente preocupadísima polo futuro do Deportivo da Coruña ou por se a Pantoja sae absolta ou condenada do seu xuízo pendente de sentenza. Pero que esas cuestións ou outras semellantes sexan as que lle importan a moita xente non fai que deixe de facer política, de solidarizarme con aqueles colectivos agredidos por este sistema corrupto e de traballar para superalo.

A mágoa non son estas declaracións, a mágoa é a capacidade que teñen algunhas persoas para engaiolar a outras até facelas perder pé; éche o que ten considerar a política como simple espectáculo.

Comentarios