Opinión

A encrucillada do BNG

O pasado 21 de Outubro o BNG sufriu un castigo nas urnas que ninguén fora capaz de prognosticar na dimensión concreta que rexistrou.A perda de mais do 40% dos apoios recibidos no ano 2009 obriga a facer unha reflexión que, ademais da necesaria fonduraanalítica, teña as doses suficientes de audacia no momento de formular e aplicar os cambios políticos, organizativos e persoais que resulten pertinentes.
O pasado 21 de Outubro o BNG sufriu un castigo nas urnas que ninguén fora capaz de prognosticar na dimensión concreta que rexistrou.A perda de mais do 40% dos apoios recibidos no ano 2009 obriga a facer unha reflexión que, ademais da necesaria fonduraanalítica, teña as doses suficientes de audacia no momento de formular e aplicar os cambios políticos, organizativos e persoais que resulten pertinentes.
 
Coñecer ben a realidade é condición imprescindíbel para acometer a súa transformación.Calquera discusión sobre cifras electorais debe partir dunha premisa básica:o comportamento dos electores non segue a mesma lóxica decisional que adoptan as persoas afiliadas a unha organización.E moito menos no caso do BNG onde é coñecida, dende hai tempo, a distancia que media entre a ubicación na que se colocan os seus votantes e a valoración que teñen sobre as características da organización na que depositan a súa confianza.Se nos fixamos no estudo específico realizado polo CIS despois das eleccións ao Parlamento galego do 1 de Marzo do 2009 atopamos algún datos demostrativos desa distancia:
 
1)Ante a pregunta “considerase vostede nacionalista galego?”, o 63,4% das persoas que recoñecen ter votado ao BNG nos anteriores comicios do 2005 respostan que si e o 33,9% que non.
 
2)Preguntadas polo lugar no que se situarían nunha escala entre 1 e 10 (mínimo e máximo nacionalismo) as persoas que apoiaron ao BNG adxudícanse, de media, un 6,20.Cando se lle pide que coloquen nesa mesma escala ao BNG, outórganlle unha puntuación media de 8,23.
 
3)Utilizando un intervalo 1-10 (esquerda-dereita), os votantes do BNG atribúense unha cifra media de 3,24 e asignan á organización unha valoración media de 2,88.
 
A conclusión semella evidente.O corpo electoral do BNG considerase menos nacionalista e menos de esquerdas da visión que ten sobre a propia organización.As perdas de votos –ate ese momento- non eran debidas, por tanto, a unha suposta moderación do Bloque no seu comportamento como forza nacionalista de esquerdas.
 
Como aínda non se coñecen as análises empíricas que permitan establecer conclusións contrastadas sobre os motivos que explican as transferencias de votos rexistradas o pasado 21-O, é inevitábel formular interpretacións parciais, e obviamente subxectivas, sobre o sucedido.Para o caso do BNG entendo que é apropiado establecer, telegraficamente, algunhas teses:
 
1)A organización nacionalista padeceu unha “crise de utilidade”.Non era atractiva como forza de goberno porque tivo unha actitude defensiva e timorata ante a maior experiencia de goberno protagonizada na súa historia (o bipartito 2005-2009 non foi equiparábel, pola densidade competencial do mesmo, a outras peripecias de carácter municipal) e non foi quen de construír un mínimo crédito conxunto cos demais socios desa eventual alternativa a Feijoo.Tampouco tiña a mesma utilidade que antes como forza de oposición porque a presenza de Beiras no mercado electoral alteraba os criterios cos que se xulgaba a credibilidade dese rol opositor:para radicalismo verbal anti-PP o ex – lider nacionalista dispuña dun forte capital acumulado nos trienios de confrontación con Manuel Fraga.
 
2)O corpo organizado do BNG cometeu, na Asemblea de Amio, o maior erro colectivo da súa historia recente.Non se trata de cuestionar o exercicio democrático practicado naquel conclave.As maiorías teñen lexitimidade para decidir o que consideren oportuno pero non teñen asegurado o acerto nas opcións que adoptan.As minorías tamén teñen a súa responsabilidade:saber aceitar o veredicto emitido e ser quen de tracexar novas propostas para conseguir un maior apoio no futuro.As escisións post-Amio non eran inevitábeis.E tampouco desexábeis.Non provocaban unha clarificación creadora que multiplicaba as potencialidades do nacionalismo galego nesta conxuntura histórica concreta.A penalización electoral padecida e a fondura das feridas abertas entre distintos segmentos do que foi a casa común nacionalista certifican a dimensión do despropósito vivido nos últimos anos.
 
3)Dende hai un certo tempo, o BNG non está sendo capaz de actuar como foco de atracción desa pluralidade de xentes que teñen sentimentos galeguistas, desexos de transformación social ou conviccións mais consolidadas sobre o papel de Galiza no mundo e a respeito do modelo social que debe presidir a relación entre as persoas neste século XXI.No canto de suscitar simpatía provoca rechazo.E non tanto polo contido teórico das ideas defendidas senón pola forma de transmitilas.A política non é unha fórmula abstracta construída a partir de razoamentos compactos.E un conxunto de opinións e propostas transmitidas por persoas que son capaces de dotalas do grao de credibilidade necesario para suscitar un amplo consenso arredor das mesmas.
 
O BNG está nunha encrucillada.Deberá optar entre un camiño de repregue defensivo que faga realidade a máxima lampedusiana de cambiar algo para que todo siga igual ou emprender unha nova andaina que busque a sintonía coas persoas que algún día confiaron nas propostas da organización nacionalista e que hoxe están dispoñíbeis para protagonizar un movemento de
cambio social ante a barbarie que estamos a vivir.

Comentarios