Opinión

A alma dos Pobos

Coincidindo nun debate no Parlamento Europeo con unha deputada do Partido Popular,  decía ela que “representamos aquí aos cidadáns, non aos nosos gobernos”. Do dito ao feito. Vou poñer un exemplo que está tristemente de actualidade e que confirma o contrario do que di o PP. Hai unhas  semanas votamos no Parlamento Europeo un relatorio  sobre a vivenda social en Europa, do que era autora a estimada colega Karima Delli, verde francesa do noso grupo parlamentar, política sensible coas causas sociais. Nun documento extenso, a eurodeputada quería abarcar toda a problemática da necesidade de que Europa invista máis en vivenda social, con todas as particularidades, problemáticas, situacións e obxectivos. Máis ese debate era algo máis, porque no mesmo, estaban incluidos milleiros de chios, anónimos e públicos  das persoas sen fogar, das afectadas polos desaufizamentos, das excluidas polo austericidio e pediase unha resposta europea que puxera alternativas a este grave problema.

"O que foi máis curioso do aillamento europeo do PP español, é que mesmo eurodeputados conservadores doutros Estados, votaron positivamente, e pasa a miúdo noutros temas"

No debate, xurdiron as voces máis xenófobas e máis desligadas da realidade, as máis elitistas, esas que seguramente van subir nas vindeiras eleccións á Eurocámara, porque as mensaxes populistas son fáciles de adherirse e difíciles de desprenderse. E sumado á facilidade insolidaria de premer unha tecla, como non, alí  estaba o voto insolidario do Partido Popular español, que con rancio abolengo, votaba contra deste relatorio, alleo conscientemente á realidade. E unha vez máis defendendo a un goberno que apoia recortes en todos os eidos básicos, e tamén, na vivenda e nas solucións a todas as persoas afectadas pola traxedia dos desaufizamentos. Unha vez máis defendendo ao goberno, no canto de defender á cidadanía.

Para min, como eurodeputada  nacionalista galega,  este relatorio era importante e sumábase nese debate á ledicia simbólica pola concesión do premio da Cidadanía Europea 2013 á candidatura  da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), un premio que espertou un posterior enxaimo de irracionais reaccións do PP, exemplo da intransixencia da exasperación de eurodeputados que a penas existen na Eurocámara e que deben montar números mediáticos para facerse ver para obter postos nas listas menguadas polas previsións electorais. De quen reacciona así, pouco podemos decir que non saibamos, de quen fai unha abstracción da realidade para defender os intereses das minorías privilexiadas, pouco podemos decir xa e non merecen nen a nosa atención. O que foi máis curioso do aillamento europeo do PP español, é que mesmo eurodeputados conservadores doutros Estados, votaron positivamente, e pasa a miúdo noutros temas, entendo porque hai uns mínimos democráticos para algunha dereita. 

"Gosto moito de estar coas minorías, de ser minoría nacional, e de estar con minorías que máis cedo que tarde imos contruir maiorías colectivas, respostei"

Este relatorio é un dos exemplos dos múltiples temas que debatimos ali, facendo pulo para levar os problemas da xente do común, trasladando de forma permanente e permeable un problema real. Outra persoa do PP díxome hai pouco con moita sorna, “vós, as minorías que sempre estades con problemas anecdóticos crendo que sodes as almas de alerta dos pobos”. Si, gosto moito de estar coas minorías, de ser minoría nacional, e de estar con minorías que máis cedo que tarde imos contruir maiorías colectivas, respostei. Niso estamos, si,  mal que lles pese, sen crernos nada, pero facendo o que temos que facer, representar a soberanía popular que reside en quen?. No pobo e nos Pobos. Sen dúbida, na alma dos Pobos. 

Comentarios