Opinión

1X: Resumo da xornada de pobos unidos contra a Troika !!!

Distintas cidades galegas uníronseás mobilizacións convocadas en Europa contra a inxustiza social e o recorte de dereitos propiciados polo actual sistema.

sábado 1 de xuño, tivo lugar en máis de dez países europeos (Alemaña, Galicia, Portugal, Escocia, Eslovenia, Italia, Grecia, Bretaña, Francia, Inglaterra, Chipre, España, Catalunya e País Vasco) unha mobilización cidadá desobediente e non violenta que xorde como protesta masiva ante a restrición de dereitos e liberdades públicas ás que o actual sistema, coa troika (FMI, BCE e CE) en cabeza, está sometendo á cidadanía. Un sistema que o pobo europeo considera inxusto, abusivo, degradante, desigual e indigno A cidade de Vigo uniuse tamén a esta marcha que comezaba ás 12:00h. na Praza de España, para rematar ao redor das 13:30h. na céntrica Porta do Sol, onde foi lido un manifesto que chamaba á mobilización para facer fronte a un sistema que persegue a limitación dos dereitos da cidadanía e a restrición das liberdades,  e á procura de alternativas éticas, responsables e dignas 

Distintas cidades galegas uníronseás mobilizacións convocadas en Europa contra a inxustiza social e o recorte de dereitos propiciados polo actual sistema.

O sábado 1 de xuño, tivo lugar en máis de dez países europeos (Alemaña, Galicia, Portugal, Escocia, Eslovenia, Italia, Grecia, Bretaña, Francia, Inglaterra, Chipre, España, Catalunya e País Vasco) unha mobilización cidadá desobediente e non violenta que xorde como protesta masiva ante a restrición de dereitos e liberdades públicas ás que o actual sistema, coa troika (FMI, BCE e CE) en cabeza, está sometendo á cidadanía. Un sistema que o pobo europeo considera inxusto, abusivo, degradante, desigual e indigno A cidade de Vigo uniuse tamén a esta marcha que comezaba ás 12:00h. na Praza de España, para rematar ao redor das 13:30h. na céntrica Porta do Sol, onde foi lido un manifesto que chamaba á mobilización para facer fronte a un sistema que persegue a limitación dos dereitos da cidadanía e a restrición das liberdades,  e á procura de alternativas éticas, responsables e dignas 

"O actual sistema obriga á cidadanía a pagar os excesos e malas prácticas dunha elite económica e política que sae impune (e mesmo se beneficia) desta situación, mentres a maioría padece as consecuencias"

Nesta cidade tiveron tamén lugar, dende o pasado venres 25 de maio, unha serie de sesións informativas/formativas organizadas baixo o título Ferramentas para a transformación social, enmarcadas dentro desta mesma loita contra as políticas de austeridade e recortes propiciadas pola troika, e contra o sistema mesmo. Estas sesións, que pretendían ofrecer un espazo destinado á construción conxunta de alternativas, tocaron temas tan diversos como a cultura contemporánea, feminismos, obxección fiscal aos gastos militares, movementos de resistencia ou autoxestión, entre outros.

Tanto a mobilización do sábado como as sesións informativas (así como a creación de redes ou a difusión de rúa, entre outras) foron ferramentas empregadas pola cidadanía para facer fronte ao actual sistema, que adopta como última forma de dominación a imposición dunha austeridade extrema que nos venden como inevitable e salvadora, cando en realidade está sendo empregada para prolongar e lexitimar a dominación dunha minoría privilexiada que ostenta o poder sobre nós, a maioría. 

"Non hai máis opción que a toma de conciencia crítica que veña acompañada da adopción dun papel activo na protesta, na loita contra este sistema capitalista, inxusto e restritivo que promove a desigualdade e pretende despoxar á cidadanía da súa dignidade".

O actual sistema obriga á cidadanía a pagar os excesos e malas prácticas dunha elite económica e política que sae impune (e mesmo se beneficia) desta situación, mentres a maioría padece as consecuencias, que chegan en forma de recorte de dereitos, desmantelamento dos distintos mecanismos de solidariedade, altísimas taxas de desemprego, aumento dos impostos, retroceso nas condicións laborais dxs traballadorxs ou ataque e limitación  das liberdades, entre outras. 

Neste contexto non hai máis opción que a toma de conciencia crítica que veña acompañada da adopción dun papel activo na protesta, na loita contra este sistema capitalista, inxusto e restritivo que promove a desigualdade e pretende despoxar á cidadanía da súa dignidade. Onte a cidadanía europea adoptou unha postura coherente coa ética individual e o compromiso social. O sábado, a cidadanía europea declarouse antisistema. 

Comentarios