Opinión

Novo curso escolar: vellos problemas por resolver

O inicio do curso escolar fai aflorar con maior rotundidade as carencias e as necesidades que ten hoxe o sistema educativo galego

O inicio do curso escolar fai aflorar con maior rotundidade as carencias e as necesidades que ten hoxe o sistema educativo galego, provocadas por unha política educativa que aposta polo ensino privado concertado en detrimento do público, que reduce profesorado, masifica as aulas e marxina o ensino en galego. Unha política educativa obstinada en aplicar a LOMCE e que ten no desprezo ao profesorado e no autoritarismo as súas pautas de actuación. Un curso escolar no que a equidade, a gratuidade da educación, o restablecemento dos dereitos do profesorado e  a igualdade de oportunidades brillarán pola súa ausencia.

Principia o curso escolar coa implantación da LOMCE en 2º, 4ºe 6º de primaria, 1º e 3º de ESO e en 1º de bacharelato, continuando, así, con este desatino maiúsculo de aplicar esta lei tan nociva para o ensino, sen antes ter desenvolto a normativa necesaria para a súa implantación, provocando incerteza e desconcerto nos centros educativos. Até o verán non se publicaron os novos currículos e as materias a impartir coa súa carga horaria correspondente, nin se coñeceron os perfís necesarios de profesorado.

"Estamos ante un retroceso galopante e dramático do ensino en galego, promovido pola imposición do Decreto do plurilingüismo que afasta  o ensino en lingua galega da educación infantil"

O actual conselleiro continúa pola senda de total submisión aos mandatos da Rúa Génova, trazada polo seu predecesor, facendo prevalecer os posicionamentos ideolóxicos máis extremos, aínda que sexa en prexuízo do normal funcionamento do sistema educativo, que pasa inequivocamente polo adiamento da implantación da LOMCE e a súa posterior derrogación. A súa actitude desprezativa e autoritaria fixo que non atendera a resolución  do pleno do Consello Escolar de Galiza que, no mes de maio deste ano, aprobou unha emenda, defendida pola CIG-Ensino e outros membros do Consello, exixindo a retirada do proxecto de decreto polo que se fixaban os novos  currículos de ESO e bacharelato. Temos así uns currículos imbuídos de principios mercantís, alicerzados na segregación do alumnado mediante diferentes itinerarios, na imposición das reválidas e na desautorización e desprezo do traballo do  profesorado. Currículos orientados a conformar un sistema educativo confesional, competitivo, segregacionista e promotor de valores  reaccionarios e sexitas, que procuran a discriminación e a asimilación lingüística. Son currículos que desprezan e ignoran a nosa realidade nacional, inoculando no alumnado descoñecemento e desprezo por todo o que nos  conforma e identifica como pobo.

Estamos ante un retroceso galopante e dramático do ensino en galego, promovido pola imposición do Decreto do plurilingüismo que afasta  o ensino en lingua galega da  educación infantil, prohíbeo nas materias científico-técnicas e facilita que en toda a formación profesional non existan materiais en galego. Imponse o cese persecutorio do PP contra o noso idioma, máxime cando vén de subscribir o manifesto promovido pola MNL a prol do uso do noso idioma, antagónico ao Decreto de plurilingüismo. Agardamos que non fique noutra oportunista declaración de intencións, se derrogue este decreto e se elabore unha nova norma que faga posíbel a normalización do noso idioma e que pasa por impartir todas as materias en lingua galega.

O desleixo polo idioma e a política laboral do PP exprésase con contundencia, tamén, no conflito do profesorado CELGA que, malia haber máis de 50 sentenzas declarando nulos os despedimentos deste profesorado, a Consellaría segue sen resolver definitivamente este conflito. Así mesmo, observamos que, no canto de promover e  ofertar a lingua portuguesa como segunda lingua estranxeira, a inspección educativa está pondo numerosos  obstáculos aos centros que optan por ofertala.

"No canto de promover e  ofertar a lingua portuguesa como segunda lingua estranxeira, a inspección educativa está pondo numerosos  obstáculos aos centros que optan por ofertala"

O constante peche de escolas e a supresión de unidades no ensino público reduce o mapa escolar en 13 escolas e 48 unidades de educación infantil e educación primaria, mentres que o ensino privado concertado ten un incremento neto de 26 unidades. A aposta do PP polo ensino concertado é tan descarada que nos últimos catro anos destinoulle 1000 millóns de euros e concertou 215 novas unidades, mentres que no ensino público os orzamentos foron reducidos en 181 millóns ( 680 desde o ano 2009), pecharon 46 escolas e suprimiron 327 unidades. 

Os permanentes recortes minan seriamente os servizos públicos e a súa calidade. Así, numerosos centros non teñen atendidas as súas demandas e emerxen novos e abundantes conflitos debido á falta de profesorado necesario, nomeadamente especialistas de PT e AL, para afrontar a escolarización do alumnado con necesidades especiais de apoio educativo e garantir a atención á diversidade. Proliferan as aulas masificadas por riba das ratios máximas estabelecidas, agrupamentos de alumnado de diferentes cursos e idades nun mesmo grupo, profesorado que está obrigado a impartir materias das que non é especialista e centros que carecen doutros perfís profesionais e de persoal administrativo. Aumenta o profesorado que ten que impartir aulas en diferentes centros e non se cobren as baixas laborais de menos de 15 días. Desaténdese o ensino personalizado, os desdobres e o apoio e reforzo educativo, encamiñando o alumnado con  carencias na aprendizaxe ao abandono temperá e ao  fracaso escolar.

"O ensino público reduce o mapa escolar en 13 escolas e 48 unidades de educación infantil e educación primaria, mentres que o ensino privado concertado ten un incremento neto de 26 unidades"

Continúa a restrición da gratuidade da educación. Preto do 40% do alumnado galego ten que afrontar a compra dos libros de texto. A maioría, se o centro oferta ese servizo, pagará o comedor escolar e o que pretenda asistir ás actividades extraescolares terá que custealas.

Un curso máis ponse de manifesto a reducida e insuficiente oferta de prazas públicas para a educación infantil de cero a tres anos, chegando a máis de 3.000 as solicitudes non atendidas. O mesmo ocorre na FP que, debido á ausencia dunha planificación axeitada e á insuficiente oferta, impedirá a máis de 4.000 persoas cursar o ciclo  de FP solicitado."Preto do 40% do alumnado galego ten que afrontar a compra dos libros de texto"

Froito da improvisación, o desleixo e a carencia dun plan de actuación integral para mellorar, ampliar ou reparar os centros educativos é un inicio de curso con reparacións sen atender, obras sen emprender ou sen rematar e falta de espazos educativos mínimos que, xunto coas carencias en dotación de material, recursos e medios, dificultará o funcionamento e a normal  posta en marcha do curso escolar.

O profesorado galego continuará cos salarios recortados e sen cobrar as extraordinarias completas, situándose entre o profesorado peor pagado do Estado. Permanecerá coa ampliación do horario lectivo, coa redución do salario en situación de baixa laboral, sobrecargado de traballo burocrático e realizando numerosas  tarefas que non lle corresponden.

A continua destrución de emprego, o despedimento de profesorado e a redución de cadros de persoal dos centros constátase na adxudicación de destinos dos mestres e mestras sen destino definitivo para este curso. Adxudicóuselles destino a 2.797 mestres e mestras, dos e das que o 15 % son  itinerantes (un 22% máis que o curso pasado), o 8% suprimidos ou desprazados (un 39% máis), o 12% imparte afíns (un 62% máis) e o 42% é persoal interino. Se analizamos a adxudicación, aínda provisoria do profesorado de secundaria, observamos que das 3.894 prazas adxudicadas, 1003 son con materias afíns. Un 35% do profesorado terá que impartir materias das que non é especialista, nalgúns casos até 5 diferentes.  Increméntase, por tanto, para este curso, a precariedade, a inestabilidade e a mobilidade do profesorado. 

"Preto do 40% do alumnado galego ten que afrontar a compra dos libros de texto"

"O profesorado galego continuará cos salarios recortados e sen cobrar as extraordinarias completas, situándose entre o profesorado peor pagado do Estado"

Nos últimos cinco anos, suprimíronse 3000 postos docentes, xa que mentres se xubilaban máis de 4000 só se convocaban oposicións para 1017 prazas. Hoxe, o 20% do cadro de profesorado dos centros de EI e EP e o 24 % de secundaria é inestábel e muda de centro cada curso. Esta provisionalidade comporta graves prexuízos para o profesorado, para a boa organización dos centros e para a consolidación de diferentes iniciativas e programas pedagóxicos. 

En definitiva, o PP vai facer prevalecer o seu ideario político-ideolóxico que contribuirá a termos un curso conflitivo e de mobilizacións permanentes para rematar coa LOMCE  e co Decreto de plurilingüismo, restituír os dereitos laborais e salariais do  profesorado, ampliar o profesorado nos centros e fortalecer o ensino público.

O inicio do curso escolar fai aflorar con maior rotundidade as carencias e as necesidades que ten hoxe o sistema educativo galego, provocadas por unha política educativa que aposta polo ensino privado concertado en detrimento do público, que reduce profesorado, masifica as aulas e marxina o ensino en galego. Unha política educativa obstinada en aplicar a LOMCE e que ten no desprezo ao profesorado e no autoritarismo as súas pautas de actuación. Un curso escolar no que a equidade, a gratuidade da educación, o restablecemento dos dereitos do profesorado e  a igualdade de oportunidades brillarán pola súa ausencia.

"Un 35% do profesorado terá que impartir materias das que non é especialista, nalgúns casos até 5 diferentes"

Principia o curso escolar coa implantación da LOMCE en 2º, 4ºe 6º de primaria, 1º e 3º de ESO e en 1º de bacharelato, continuando, así, con este desatino maiúsculo de aplicar esta lei tan nociva para o ensino, sen antes ter desenvolto a normativa necesaria para a súa implantación, provocando incerteza e desconcerto nos centros educativos. Até o verán non se publicaron os novos currículos e as materias a impartir coa súa carga horaria correspondente, nin se coñeceron os perfís necesarios de profesorado.

O actual conselleiro continúa pola senda de total submisión aos mandatos da Rúa Génova, trazada polo seu predecesor, facendo prevalecer os posicionamentos ideolóxicos máis extremos, aínda que sexa en prexuízo do normal funcionamento do sistema educativo, que pasa inequivocamente polo adiamento da implantación da LOMCE e a súa posterior derrogación. A súa actitude desprezativa e autoritaria fixo que non atendera a resolución  do pleno do Consello Escolar de Galiza que, no mes de maio deste ano, aprobou unha emenda, defendida pola CIG-Ensino e outros membros do Consello, exixindo a retirada do proxecto de decreto polo que se fixaban os novos  currículos de ESO e bacharelato. Temos así uns currículos imbuídos de principios mercantís, alicerzados na segregación do alumnado mediante diferentes itinerarios, na imposición das reválidas e na desautorización e desprezo do traballo do  profesorado. Currículos orientados a conformar un sistema educativo confesional, competitivo, segregacionista e promotor de valores  reaccionarios e sexitas, que procuran a discriminación e a asimilación lingüística. Son currículos que desprezan e ignoran a nosa realidade nacional, inoculando no alumnado descoñecemento e desprezo por todo o que nos  conforma e identifica como pobo.

Estamos ante un retroceso galopante e dramático do ensino en galego, promovido pola imposición do Decreto do plurilingüismo que afasta  o ensino en lingua galega da  educación infantil, prohíbeo nas materias científico-técnicas e facilita que en toda a formación profesional non existan materiais en galego. Imponse o cese persecutorio do PP contra o noso idioma, máxime cando vén de subscribir o manifesto promovido pola MNL a prol do uso do noso idioma, antagónico ao Decreto de plurilingüismo. Agardamos que non fique noutra oportunista declaración de intencións, se derrogue este decreto e se elabore unha nova norma que faga posíbel a normalización do noso idioma e que pasa por impartir todas as materias en lingua galega.

"O profesorado galego continuará cos salarios recortados e sen cobrar as extraordinarias completas, situándose entre o profesorado peor pagado do Estado"

O desleixo polo idioma e a política laboral do PP exprésase con contundencia, tamén, no conflito do profesorado CELGA que, malia haber máis de 50 sentenzas declarando nulos os despedimentos deste profesorado, a Consellaría segue sen resolver definitivamente este conflito. Así mesmo, observamos que, no canto de promover e  ofertar a lingua portuguesa como segunda lingua estranxeira, a inspección educativa está pondo numerosos  obstáculos aos centros que optan por ofertala.

O constante peche de escolas e a supresión de unidades no ensino público reduce o mapa escolar en 13 escolas e 48 unidades de educación infantil e educación primaria, mentres que o ensino privado concertado ten un incremento neto de 26 unidades. A aposta do PP polo ensino concertado é tan descarada que nos últimos catro anos destinoulle 1.000 millóns de euros e concertou 215 novas unidades, mentres que no ensino público os orzamentos foron reducidos en 181 millóns ( 680 desde o ano 2009), pecharon 46 escolas e suprimiron 327 unidades. 

Os permanentes recortes minan seriamente os servizos públicos e a súa calidade. Así, numerosos centros non teñen atendidas as súas demandas e emerxen novos e abundantes conflitos debido á falta de profesorado necesario, nomeadamente especialistas de PT e AL,  para afrontar a escolarización do alumnado con necesidades especiais de apoio educativo e garantir a atención á diversidade. Proliferan as aulas masificadas por riba das ratios máximas estabelecidas, agrupamentos de alumnado de diferentes cursos e idades nun mesmo grupo, profesorado que está obrigado a impartir materias das que non é especialista e centros que carecen doutros perfís profesionais e de persoal administrativo. Aumenta o profesorado que ten que impartir aulas en diferentes centros e non se cobren as baixas laborais de menos de 15 días. Desaténdese o ensino personalizado, os desdobres e o apoio e reforzo educativo, encamiñando o alumnado con  carencias na aprendizaxe ao abandono temperá e ao fracaso escolar.

Continúa a restrición da gratuidade da educación. Preto do 40% do alumnado galego ten que afrontar a compra dos libros de texto. A maioría, se o centro oferta ese servizo, pagará o comedor escolar e o que pretenda asistir ás actividades extraescolares terá que custealas.

Un curso máis ponse de manifesto a reducida e insuficiente oferta de prazas públicas para a educación infantil de cero a tres anos, chegando a máis de 3.000 as solicitudes non atendidas. O mesmo ocorre na FP que, debido á ausencia dunha planificación axeitada e á insuficiente oferta, impedirá a máis de 4.000 persoas cursar o ciclo de FP solicitado.

Froito da improvisación, o desleixo e a carencia dun plan de actuación integral para mellorar, ampliar ou reparar os centros educativos é un inicio de curso con reparacións sen atender, obras sen emprender ou sen rematar e falta de espazos educativos mínimos que, xunto coas carencias en dotación de material, recursos e medios, dificultará o funcionamento e a normal  posta en marcha do curso escolar.

O profesorado galego continuará cos salarios recortados e sen cobrar as extraordinarias completas, situándose entre o profesorado peor pagado do Estado. Permanecerá coa ampliación do horario lectivo, coa redución do salario en situación de baixa laboral, sobrecargado de traballo burocrático e realizando numerosas  tarefas que non lle corresponden. 

Nos últimos cinco anos, suprimíronse 3.000 postos docentes, xa que mentres se xubilaban máis de 4.000 só se convocaban oposicións para 1.017 prazas

A continua destrución de emprego, o despedimento de profesorado e a redución de cadros de persoal dos centros constátase na adxudicación de destinos dos mestres e mestras sen destino definitivo para este curso. Adxudicóuselles destino a 2.797 mestres e mestras, dos e das que o 15 % son  itinerantes (un 22% máis que o curso pasado), o 8% suprimidos ou desprazados (un 39% máis), o 12% imparte afíns (un 62% máis) e o 42% é persoal interino. Se analizamos a adxudicación, aínda provisoria do profesorado de secundaria, observamos que das 3.894 prazas adxudicadas, 1003 son con materias afíns. Un 35% do profesorado terá que impartir materias das que non é especialista, nalgúns casos até 5 diferentes.  Increméntase, por tanto, para este curso, a precariedade, a inestabilidade e a mobilidade do profesorado.

Nos últimos cinco anos, suprimíronse 3.000 postos docentes, xa que mentres se xubilaban máis de 4.000 só se convocaban oposicións para 1.017 prazas. Hoxe, o 20% do cadro de profesorado dos centros de EI e EP e o 24 % de secundaria é inestábel e muda de centro cada curso. Esta provisionalidade comporta graves prexuízos para o profesorado, para a boa organización dos centros e para a consolidación de diferentes iniciativas e programas pedagóxicos.

Comentarios