Opinión

Os Vilares, a aldea global

Os Vilares é unha de centos de parroquias galegas con costumes comúns e con peculiaridades propias, unha "herba pequerrechiña" que decía o seu veciño máis importante, José María Díaz Castro, o poeta vilarego.

Os Vilares é unha de centos de parroquias galegas con costumes comúns e con peculiaridades propias, unha "herba pequerrechiña" que decía o seu veciño máis importante, José María Díaz Castro, o poeta vilarego.

Precisamente Díaz Castro é a proba de que desde o máis pequeno se constrúe o máis importante e trascendente, desde a humildade e o amor polo propio e cercano é desde donde se fan as cousas máis universais. Díaz Castro coñecía arredor de quince idiomas á perfección o¡pero a súa poesía foi criada no seu idioma propio, o galego.

"Díaz Castro coñecía arredor de quince idiomas á perfección o¡pero a súa poesía foi criada no seu idioma propio, o galego".

A aldea máis pequena aporta e moito ao mundo, e así leva acontecido en Galiza desde tempos inmemoriais, porque o noso país é tamén unha "herba pequerrechiña" no mundo, e somos fundamentalmente rurais, un territorio de aldeas e pequenas vilas onde as cidades máis grandes son tamén pequenas, e ahí está a nosa fortaleza, nesa aldea universal que todos temos, da que todos e todas procedemos.

Nos Vilares, desencadenouse este ano coa dedicatoria das letras galegas ao seu poeta, unha especie de orgullo colectivo por sentirse centro máis que nunca do mundo por medio da literatura e da cultura, cando a súa tradición histórica foi máis ou menos como a maior parte de aldeas e parroquias do noso país.

O efecto Díaz Castro marca este ano un antes e un despois na vida desta parroquia chairega, que aproveita tamén ese efecto para reivindicarse no seu propio ser, con un proxecto complementario ao vento poético, ese traballo reivindicativo da parroquia impulsado pola valente Pastora Veres e que inclúe publicación, documentario, comunidade virtual etc.

"A aldea máis pequena aporta e moito ao mundo, e así leva acontecido en Galiza desde tempos inmemoriais, porque o noso país é tamén unha "herba pequerrechiña" no mundo, e somos fundamentalmente rurais"

Rosalía, Manuel María, Celso Emilio, Castelao, Blanco Amor e innumerabeis literatos galegos universais plasmaron na súa obra as experiencias do máis cercano, e esa realidade dun mundo pequeniño fixoos grandes, convertiron as súas aldeas, parroquias e vilas en universais con eles, fixeron da súa herba pequerrechiña un inmenso prado de riqueza, unha aldea global.

Ese orgullo do propio é a garantía do éxito en todo, non só no literario, sinón tamén na industria, nos negocios, no humano... ese éo motor que leva a Pas Veres a emprender un proxecto, "Os Vilares, lareira de soños"  que aporte orgullo propio desde o máis pequeno e básico, o lugar de nacencia, a todos os galegos exemplificado nunha pequena parroquia, que deu un grande intelectual e poeta pero non só, e que polo tanto todos e cada un debemos estar e voltar sempre, fisicamente, na lembranza, no corazón á parroquia, ao que verdadeiramente somos.

Non vai ser un traballo sobre a historia dos Vilares, pero tamén, non vai ser un traballo sobre o seu patrimonio, pero tamén, non vai ser un traballo sobre as costumes, pero tamén. Vai ser fundamentalmente un traballo escrito polos prooios veciños, que serán os verdadeiros protagonistas da publicación e os actores do documentario, que non se deixarán levar polo preciosismo nas letras nin nas imaxes, e que proxectarán dunha maneira tan fresca e improvisada a realidade tal e como a ven.

"Nos Vilares, desencadenouse este ano coa dedicatoria das letras galegas ao seu poeta, unha especie de orgullo colectivo por sentirse centro máis que nunca do mundo por medio da literatura e da cultura"

"Un traballo comunal, como sempre se fixeron as cousas" di a creadora do proxecto, que se autodefine a si mesma como unha máis nesta malla ou nesta sega na que todos traballan e fan a súa función, uns contando historias, outros aportando imaxes e documentos, outros escribindo ou gravando, outros deixando materiais ou cuartos onde dormir, e outros difundindo o que se fai, todos conforman este equipo que tenta, co saber de antes proxectarse adiante, ao futuro...

A  experiencia de meses de traballo demostra a implicación nesta tarefa por parte de todos e así quedou reflectido na multitudinaria acollida realizada ao proxecto o día grande da festa nesa parroquia, aclamando ás presentadoras, María Teijido e Isabel Risco nunha xornada tan alegre e festiva como a positividade deste pequeniño pero grande proxecto. Así, desde o máis local construimos esta inmensa lareira de soños, lareira de todos. O mundo tamén precisa dos Vilares.

Comentarios