Opinión

Os tractores, eses amigos mortais

Cando era neno e estaba en primaria, chegounos a triste nova de que un compañeiro de clase, morrera aplastado por un tractor nas vacacións de verán na aldea.

Cando era neno e estaba en primaria, chegounos a triste nova de que un compañeiro de clase, morrera aplastado por un tractor nas vacacións de verán na aldea. Este feito deixounos a todos con tan curta idade trastornados e fondamente tristes. Moitos anos despois, un parente con grande experiencia coa maquinaria agrícola, Angel Yañez "O Fontarraña" de Ferreira, en Lanzós, morría tamén en parecidas circunstancias.

"Lin nun xornal que as mortes por accidentes de tractor van en Galicia a unha media de vinte por ano, unha barbaridade e un drama para o noso rural".

Estes días, lin nun xornal que as mortes por accidentes de tractor van en Galicia a unha media de vinte por ano, unha barbaridade e un drama para o noso rural.

O tractor que tanto axudou a mellorar a calidade de vida nas nosas aldeas e esas condicións de traballo, tamén quita vidas da maneira máis inesperada e cruel.

Hai quen culpabiliza aos propietarios, a imprudencia, a maquinaria vella, as pistas e corredoiras e outras causas. Pode ser, pero o certo é que resulta difícil de entender que a industria, os adiantos tecnolóxicos e a evolución dos tempos se empreguen en mellorar a habitabilidade das máquinas e apenas teñan evolucionado na seguridade.

"A orografía galega non é a de Castela e polo tanto as medidas de seguridade e protección deben ser extremas" 

Resulta difícil entender que as administracións, tan esixentes con todo nestes tempos, non teñan celo nun asunto que se cobra tantas vidas. Non hai escusa, os tractores traballan nas leiras e nos montes, e para iso están concibidos e cando o seu custo é tan alto, resulta incomprensible que sigan volcando e aplastando xente.

Non só morren labregos con tractores vellos, nin xente inexperta, a orografía galega non é a de Castela e polo tanto as medidas de seguridade e protección deben ser extremas e urxe tomar medidas nese sentido de inmediato e non plantexadas como negocio, senón como calidade para o noso agro, e si iso pasa por unha financiación pública, estará ben empregada con unha soia vida salvada.

Só queda agardar por outros vinte no 2015 ou cortar esa sangría de raíz. O tempo o dirá.

Comentarios