Opinión

Contra os soños institucionais

Contra os soños institucionais...Como decía Anxo Angueira no seu poema "O valo de Manselle"... Nunca nada máis indicado para ver nestes tempos que os soños institucionais pouco ou nada teñen que ver cos soños dos cidadáns e menos aínda cos soños do povo e da democracia.

Contra os soños institucionais...Como decía Anxo Angueira no seu poema "O valo de Manselle"... Nunca nada máis indicado para ver nestes tempos que os soños institucionais pouco ou nada teñen que ver cos soños dos cidadáns e menos aínda cos soños do povo e da democracia.

Os novos centralistas, nacionalistas españois, andan a insinuar e a dicir que o estado das autonomías xenera moito gasto, moita débeda e a xustificación ven ao caso aproveitando a crise económica.

"Co paro existente, a proporcionalidade non se trasladou ao plano politico e institucións como o parlamento europeo, con máis de 700 deputados"

Polo mesmo argumento, poderían tamén incluir o gasto institucional e burocratico e a pouca eficiencia do senado, do parlamento europeo e multitude de institucións ás que os cidadáns non lle atopan un mínimo sentido. por ese mesmo argumento, sería máis urxente disolver institucións arcaicas como as deputacións provinciáis.

Co paro existente, a proporcionalidade non se trasladou ao plano politico e institucións como o parlamento europeo, con máis de 700 deputados e da que se pensa que foi moi importante para Galicia, agás os fondos estructuráis, supuxo a liquidación da pesca galega, o sector lácteo, o sector naval, e a competitividade de sectores productivos galegos estratéxicos. A Europa dos estatos levounos a situacións de crise como a que padecemos.

Si ao senado non se lle atopa sentido nin utilidade, moito menos a institucións como as deputacións cando hai intrumentos de xestión máis modernos como as areas metropolitanas e os consorcios moito máis acaídas para dar servizos eficientes e baratos aos cidadáns destes tempos, ademáis de poder asumir os gobernos autonómicos moitas das súas funcións, hoxe repartidas entre tres ou máis institucións.

"Si ao senado non se lle atopa sentido nin utilidade, moito menos a institucións como as deputacións cando hai intrumentos de xestión máis modernos como as areas metropolitanas"

Lembremos ademáis que os deputados provinciáis son escollidos polos seus partidos e non saen de eleccións democraticas.

Eu non son autonomista, senón, soberanista, pero ese discurso resulta perigoso e o primeiro paso para dar unha volta ao pasado no recorte de liberdades, da variedade (e riqueza) cultural, de camiñar ao pasado na práctica de politicas reaccionarias, mesmo próximas á unificación do estado.

Ese centralismo rancio non deixa, sen embargo, de ser un satétite de outro centralismo aínda pior e que está levando ao mundo mesmo no sentido totalmente contrario ao que debera camiñar, e non entenden nin os centralistas mundiais e europeos nin os madrileños, que a existencia de nacionalidades nin se deseña, nin se destrúe por moito que tenten impoñer os seus intereses materialistas, así que aquí seguiremos, de momento... e ata sempre!

Comentarios