Opinión

Próxima estación, esperanza

Inscribinme en Iniciativa pola Unión coa esperanza de ver unha candidatura galega única


Inscribinme en Iniciativa pola Unión coa esperanza de ver unha candidatura galega única para eleccións xerais que acadara un forte respaldo social en momentos nos que é previsible que se abra un trascendente debate sobre a recomposición politica e territorial do estado e no que Catalunya e Euzcadi van xogar de seguro unha importante baza. Galiza  xógase outra vez estar nese debate ou seguir na deriva paulatina desde o punto de vista de país.

Xa nin me planteei, como concepto básico de nación, estar inscrito nunha corriente que integra forzas de ámbito estatal como PODEMOS e IU e menos aínda ao ver que a práctica real das negociacións entre cúpulas contradecían esas publicitadas politicas da base, de abaixo arriba.

Xa nin me planteei, como concepto básico de nación, estar inscrito nunha corriente que integra forzas de ámbito estatal como PODEMOS e IU 

A esperanza, ese sentimento que compartimos milleiros de galegos e galegas, vaise esfarelando cada día que pasa ao observar, unha vez máis, que as forzas politicas que deben protagonizar esa iniciativa para o noso país, siguen a xogar con cartas marcadas e sendo coñecedoras de antemán que non hai vontade real de acordo porque hai prioridades neste momento para elas que se antepoñen ao país. A esperanza, sospeito, terá que agardar a outros tempos e a outras circustancias. 

No que atinxe a Iniciativa pola Unión, a esperanza mudou en decepción (a inocencia parece que non ten cura) ao ver que o que se criou como unha iniciativa con vontade plural, aberta e integradora, está a mudar a máis do mesmo, que non é que esteña mal nin que non haxa dereito, pero que non aporta aquelo que Galiza precisa agora máis que nunca.

Que este colectivo duplicara nunha soia semana o número de aderidos, evidencia unha clara chamada partidaria ao control do grupo (a bo entendedor, poucas palabras...), e que unha persoa significada dunha organización anuncie nas redes que se apresenta ás primarias para encabezar a lista ao congreso e que conte xa nese intre con arredor de 300 avais, ratifica as sospeitas. E repito, están no seu pleno dereito, só que para min supón unha torpeza politica e dalgunha maneira, botar ao lixo o discurso discurso político previo desta alternativa ademáis de nacer xa etiquetada e dar a razón a aqueles que sarcasticamente a denominaron "Iniciativa pola U".

E a pesares desto, vou participar, vou votar

Aínda así, e sin dúbida ningunha da sobrada cualificación personal e politica das persoas que saian escollidas, e sabendo a priori de quen veñen sendo, e tamén que nos representarán perfectamente no Congreso si saen, tamén penso que se está a perder unha oportunidade e un tempo preciosos nun momento clave para Galiza.

E a pesares desto, vou participar, vou votar, coñecedor tamén de que a quen apoie, e polo feito de presentarse e participar, lexitima o que todos sabemos que vai ocorrer, que algúns xa vamos indo para maiores e xa nos criamos e medramos nesto...Agardo de verdade equivocarme, desexo fondamente non acertar neste pesimista visión.

E mentras sigo instalado provisionalmente na decepción agardo, no que me queda de vida para este país, sempre, pola PRÓXIMA ESTACIÓN: ESPERANZA.

Comentarios