Opinión

Pokemon, Pikachu e Sin Chan...

Parece que a corrupción irrumpe tamén na Coruña,  cousa que me extraña non porque antes non a houbera, sinón porque a había e pasaron moitos anos no "reinado de Sir Vazquez"  nos que a xustiza que agora actúa estaba desaparecida.

Parece que a corrupción irrumpe tamén na Coruña,  cousa que me extraña non porque antes non a houbera, sinón porque a había e pasaron moitos anos no "reinado de Sir Vazquez"  nos que a xustiza que agora actúa estaba desaparecida.

"Sorprendeume desde o o principio que se tivera impulsado a creación dunha asociacion de veciños cando xa existía historicamente unha (OZA Gaiteira-Os Castros) participativa e reivindicativa"

Non sei en que acabará todo esto das operacións POKEMON e PIKACHU, pero independentemente diso, existen dúbidas razonables de que a clase política non é de fiar e sin querer entrar e análises reiterativas sobre o que está a pasar, si que debo entrar, na miña condición de veciño da Coruña no que me toca máis de cerca, o barrio da miña crianza A Gaiteira.

Crieime na Gaiteira e residía nela desde 1964 ate 1985, alí reside a miña familia próxima e me leva sorprendido o proceso da obra de remodelación desta emplemática rúa,  polémicas aparte sobre o proxecto.

Sorprendeume desde o o principio que se tivera impulsado a creación dunha asociacion de veciños cando xa existía historicamente unha (OZA Gaiteira-Os Castros) participativa e reivindicativa e histórica nas loitas contra as descargas de carbón, a defensa da praia de Lazareto e numerosas pequenas defensas de organización de cursos, exposicións e mesmo axudas...

"Entereime despois polos seus propios directivos que a nova asociación está vinculada ao Partido Popular no goberno local, e que usan esa vinculación como arma de presión e coacción"

Entereime despois polos seus propios directivos que a nova asociación está vinculada ao Partido Popular no goberno local, e que usan esa vinculación como arma de presión e coacción a negocios e veciños ofrecendo e negando favores. Esta asociación chámase FÁTIMA (S/C).

O asunto grave, aparte das estratexias politicas de influencia e control, non é que se creen entidades afíns ao poder, que todos fan ou tentan controlar,  o grave é cando estas entidadesno u quen as dirixe fai delas un instrumento de negocio vinculado ao poder, un medio de enrequecemento.

Na asociación de veciños FÁTIMA da Gaiteira, o seu presidente é cando menos un beneficiario concreto dunha obra na rúa da asociación que preside ao ser un comercial da empresa que instalou a pedra desamobra que ascende a casi un millón de euros.

"Na asociación de veciños FÁTIMA da Gaiteira, o seu presidente é cando menos un beneficiario concreto dunha obra na rúa da asociación que preside"

É certo que o concello otorgou o concurso da obra a unha consteuctora (ALDASA) que supoño gañaría este honesta e merecidamente. Pero igual que nas investigacions hai medios de influencia, chamadas, e mesmo "casualidades" que resultan cando menos sospeitosas.

Ten razón o concelleiro Lorenzo cando di que pedir por unha persoa non é delito, o delito é dar concesións con cartos públicos para beneficio privado, favores e lucro a dedo de persoas e financiamento de partidos. As chamadas telefónicas gravadas non fan máis que poñer en evidencia a catadura moral de quen nos governa, a borracheira de poder, a prepotencia dos que mandan é dos que os sirven.

A pesares de que a política está corrompida até límites insospeitados, hai que dicir tamén que hai cargos públicos honestos, que creen na política como un servizo público e mesmo perden cartos por defender ideas e traballar con honradez, pero claro, as mazás pedradas, contaminan é cheirar peor é ocultan a súa labor.

"O delito é dar concesións con cartos públicos para beneficio privado, favores e lucro a dedo de persoas e financiamento de partidos".

Cando un presidente dunha asociación fai ostentación ou presume publicamente de relacionarse co poder e conseguir negocios con esas relacións, raia na obscenidade, pero cando despois o negativo é mesmo se ofende, entra na hipocrisía e na falta de respeto tanto aos que o favorecen como aos que o escoitaron.

Os POKEMON, PIKACHU e outras tramas de corrupción levan a deixar aos cidadáns SIN CHAN, sin o chan da dignidade, sin a credibilidade na política e os seus representantes é sin os cartos públicos roubados para maior beneficio de intereses privados. As cousas non cambiaron tanto por moito que o pareza, seguimos gobernador por neo caciques de variada pelaxe.

Comentarios