Opinión

Onde está o Wally?

Onde está o Wally galego? Esa figura aglutinadora dun proxecto común de País que sexa quén de ilusionar para acreditar en nós mesmos e as nosas potencialidades.

Onde está o Wally galego? Esa figura aglutinadora dun proxecto común de País que sexa quén de ilusionar para acreditar en nós mesmos e as nosas potencialidades.

"Pode este país prescindir de figuras como o ex vicepresidente Anxo Quintana?" 

Nacionalismo galego, depositario real da identidade do país, lonxe de facer autocrítica dos seus erros e fracasos leva anos xustificandoos por causas exóxenas e poñendo disculpas aos continuos retrocesos electorais. Non só eso, ademáis é quén de fagocitar referentes creados por si mesmos sin alternativas á altura dos eliminados.

Catalunya ou España, están hoxe gobernadas por persoas que perderon eleccións no seu momento.
Mentras o nacionalismo galego, alterna pseudo líderes cada pouco tempo que socialmente non acadan introducción nin son referentes politicos para os cidadáns e moito menos se lles identifica como opción de goberno.

Pode este país prescindir de figuras como o ex vicepresidente Anxo Quintana? Pode prescindir de figuras emerxentes como Teresa Táboas ou mesmo Roberto Mera? Ou máis aínda, pode este país prescindir dun nacionalismo identificado con goberno e poder en lugar de instalarse permanentemente no papel de oposición mentras o neofascismo e o españolismo campa ás súas anchas?

E máis preguntas seguramente sen resposta, pode o nacionalismo galego, o galeguismo con maiúsculas permitirse o luxo de prescindir de ninguén?

"Pode este país prescindir dun nacionalismo identificado con goberno e poder en lugar de instalarse permanentemente no papel de oposición mentras o neofascismo e o españolismo campa ás súas anchas?"

Os personalismos, a necesidade de control orgánico, os intereses particulares e mesmo nalgún caso a subsistencia, provocan miserias que limitan as visións obxectivas da politica e poñen por diante visións reduccionistas que facilitan o medre de forzas e politicas de fora ao tempo que impidenma creación dunhamalternativa maioritaria de país.

A demagoxia no discurso para impedir liderados reais para a sociedade con falsas proclamas colectivas van paso a paso enterrando calquer atisbo de ilusión colectiva con fortes referentes públicos e o traballo colectivo diario acada menos froitos que líderes efímeros sen apenas estructura nin traballo social.

E mentras, algúns, seguimos a facernos unha pregunta... Onde está Wally? Seguramente oculto entre catro millóns de galegos. Busquémolo.

Comentarios