Opinión

Nova Poesía Guitirica, unha realidade

O pasado día 2 de outubro se presentaba en público nos actos da homenaxe a Díaz Castro polo XXV cabodano do seu pasamento


O pasado día 2 de outubro se presentaba en público nos actos da homenaxe a Díaz Castro polo XXV cabodano do seu pasamento un grupo de 8 poetas de Guitiriz baixo o título de "Afillad@s de Pepe" a xeito de honra ao poeta do Vilariño e con unha denominación ou cuño definitivo de Nova Poesía Guitirica (NPG). Aquel acto, organizado polo concello de Guitiriz, Xermolos e o proxecto Os Vilares, lareira de soños, supuxo a creación deste grupo poético heteroxéneo no artístico pero homoxeneo na acción.

Nova Poesía GuitiriticaLonxe de ser unha iniciativa puntual, estes poetas novos, Luz Campello, Mar Beres, Fátima Fernández, Judiña de Lea, Pas Veres, Xelo Teijido, Xosé Antón Cascudo e Jaki Quintela, viñeron para quedar, e en pouco tempo así o están a demostrar levando a poesía ás igrexas, como se fixo nos Vilares, na igrexa vella de Guitiriz e na capela de San Roque de Sada polo momento en tres propostas con numerosa afluencia de público nesta proposta colectiva que ademáis de escribir, traballa por levar a poesía ao público con novidosos plantexamentos.

Estes poetas novos, Luz Campello, Mar Beres, Fátima Fernández, Judiña de Lea, Pas Veres, Xelo Teijido, Xosé Antón Cascudo e Jaki Quintela, viñeron para quedar

Guitiriz, coa sorte de ter un poeta referencial na literatura galega como é Díaz Castro, aposta por coller a súa herdanza e convocar un premio de poesía e aposta pola cultura e a literatura como elemento de futuro, imaxe de marca, na que este grupo poético, xoven e inquedo vai ser trascendental para a consolidación desta aposta.

En tempos nos que a poesía non é rendible económicamente, demostran a valentía de escribir, publicar e trasladala ao público sen complexos, en actos públicos, en algún caso con acompañamentos musicais atrevidos e dunha maneira natural e divertida, aberta. Hai poesía máis aló do papel e de outros soportes, hai a poesía directa falada e musicada, os versos como modo de interacción coa xente. Tod@s el@s teñen publicado en algún soporte de papel ou dixital e agora abordan novas propostas.

A NPG está a traballar xa para levar a poesía a outros lugares e a novos foros, non só igrexas e dunha maneira participativa, implicando aos asistentes aos seus recitais á participación activa, e levar polo país adiante, na compaña de Díaz Castro, outros poetas chairegos e Guitiriz como foco de poesía que dá poemas de auga e poetas de pedra nesta Nova Poesía Guitirica á que se lle agarda longa vida.

Comentarios