Opinión

No outro lado

Hai meses, coñecín un mendigo, Javier. Un dos milleiros existentes e que van en aumento cada día. Persoas desprotexidas polos gobernos, sen dereitos, abandonados e no mellor dos casos pasando desapercibidos ou ignorados para a maior parte da xente.

Hai meses, coñecín un mendigo, Javier. Un dos milleiros existentes e que van en aumento cada día. Persoas desprotexidas polos gobernos, sen dereitos, abandonados e no mellor dos casos pasando desapercibidos ou ignorados para a maior parte da xente.

"Javier vivía nunha caseta de madeira na mesma area de servizo na que se fixeron famosos os encontros entre un ex ministro e un empresario hai pouco  tempo".

Javier vivía nunha caseta de madeira na mesma area de servizo na que se fixeron famosos os encontros entre un ex ministro e un empresario hai pouco  tempo.

Javier pedía ás portas dun supermercado para fumar e comer pero conta que ate aí había xa competencia.

Desafiuzado da caseta, atravesaba a verlla de detrás da autoestrada cara a casa de outro desprotexido que coñeceu e na que ían durmir...a imaxe mesma dos que se atopan "do outro lado" e que empezan a ser multitude e que pagan as consecuencias da ambición e da desmesura do poder económico e dos seus lacaios políticos, que seguen a recortar no que debera ser sagrado, os dereitos mínimos das persoas.

A situación de Javier, indocumentado, sen residencia nin padrón fixo, péchalle portas e as poucas asociacións que atenden casos como o del atópanse cada día máis saturadas e con menos recursos.

Mentras, os políticos sométense ao poder económico, atenden aos bancos, e desatenden ás persoas. Esa é crúa realidade e todo o demais perde importancia diante dunhas decisións que condenarán cada día a centos de familias.

"A situación de Javier, indocumentado, sen residencia nin padrón fixo, péchalle portas e as poucas asociacións que atenden casos como o del atópanse cada día máis saturadas e con menos recursos".

Resulta indecente, mesmo obsceno ver a responsables de gobernos falar de macro cifras económicas para xustificar a súa incompetencia e traizón aos cidadáns mentras medran as cifras de paro, o numero de persoas sen protección sanitaria, a mendicidade e a falta de apoio ás necesidades básicas.

A crúa realidade está aí fora, máis próxima do que nos contan e as medidas, inexistentes, polo menos para quen deberan ser os destinatarios, os cidadáns.

Mentras, sen embargo, soben os impostos, o combustible, os bancos non prestan diñeiro ás empresas, embargan vivendas, as administracións tardan en pagar... e Javier sigue, cada día, buscando saír "do outro lado".

Comentarios