Opinión

O monte ou a miseria da riqueza

Galiza conta con un inmenso territorio rural que supera o o 70% da súa superficie total. O monte galego produce a maior parte da madeira do estado españolbe a pesares desto o seu PIB na economía galega acada apenas o 3%.

Galiza conta cun inmenso territorio rural que supera o o 70% da súa superficie total. O monte galego produce a maior parte da madeira do estado español e a pesares disto o seu PIB na economía galega acada apenas o 3%.

"O monte galego produce a maior parte da madeira do estado español e a pesares disto o seu PIB na economía galega acada apenas o 3%".

Máis de 8000 comunidades de montes que corresponden a outras tantas parroquias dan a idea da importancia duns recursos forestáis que non se corresponden na importancia económica co seu potencial e que merece ser estudiado para o futuro inmediato.

Subvencións que se destinan a pagar empresas para podas que se aproveitan ou deixan os restos no monte co conseguinte risco de incendio e mesmo recursos destinados a pagar festas ou orquestas evidencian a mala xestión e baixo interés nesta industria para o noso país.

En tempos nos que o continente europeo aposta pola eficiencia enerxética, nos que países como Alemania, Holanda ou Francia son importadores de pelex e outros elaborados do monte, ponse en evidencia a baixa conciencia existente entre as institucións que deben emprender eses aproveitamentos de recursos.

En Galiza hai únicamente 6 fábricas de pelex e coxeneración, e na provincia de Lugo, coa inmensa masa forestal do seu territorio, ningunha.

"En Galiza hai únicamente 6 fábricas de pelex e coxeneración, e na provincia de Lugo, coa inmensa masa forestal do seu territorio, ningunha"

As normativas europeas de obrigado cumplimento obrigan a modificar caldeiras e outras fontes de enerxía para eliminar consumo eléctrico e emisións de CO2 paro mentras a eficiencia enerxética en algúns países europeos supera o 90%, no estado español apenas chega ao 20%.

O monte galego ten incalculables posibilidades de crecemento que pasanpolo seu aproveitamento, o que xeneraría valores positivos como a súa limpeza, a contribución ás enerxías limpas, evitar incendios e controlar tódolos procesos para xenerar riqueza e emprego. Riqueza para os seus propietarios, empresas e concellos. Riqueza para o país.

O monte galego é hoxe unha grande industria empobrecida que debemos poñer en valor. O monte galego, ao igual que Galiza, é rico, moi rico, pero está empobrecido.

Os gobernos todos e os galegos, debemos tomar conciencia das súas posibilidades e poñelo en valor.

Comentarios