Opinión

O INEF Galicia, ese grande descoñecido

En Galicia temos unha universidade do deporte que se atopa entre as mellores do estado e de Europa en calidade. Situada no concello de Oleiros, concretamente en Bastiagueiro, conta con unha instalacións optimas entre as que se atopan un estadio recentemente remodelado polo goberno nipartito da Xunta, conmpistas homologadas, dous pabellóns,  ximnasio, piscina, campo de herba artificial e un enclave con monte e praia para depirtes nauticos.

En Galicia temos unha universidade do deporte que se atopa entre as mellores do estado e de Europa en calidade. Situada no concello de Oleiros, concretamente en Bastiagueiro, conta cunhas instalacións optimas entre as que se atopan un estadio recentemente remodelado polo goberno bipartito da Xunta, con mpistas homologadas, dous pabellóns, ximnasio, piscina, campo de herba artificial e un enclave con monte e praia para depirtes nauticos.

"Sobre todo facendo labores descoñecidos pero importantisimas desde o punto de vista social, o INEF leva aportado moito á sociedade sin pretender méritos nin protagonismo público".

Construido sobre instalacións dun antigo pazo e ampliado posteriormente, é unha facultade da UDC que conta cun profesorado xoven e experimentado en multiples ramas deportivas e que non só leva xenerado profesionais durante máis de  25 anos de existencia sinón que ademáis xenera un gran traballo de investigación.

Colaborando co Deportivo da Coruña, equipos de triatlón e natación, entrenando grandes atletas, xerando traballos de profesores e alumnos, pero sobre todo facendo labores descoñecidos pero importantisimas desde o punto de vista social, o INEF leva aportado moito á sociedade sin pretender méritos nin protagonismo público.

No laboratorio do INEF levan traballando anos en múltiples facetas do movemento e da neuroloxía e recentemente tense anunciado unha app para enfermos de parkinson moi interesante xurdida desa factoría para o benestar físico.

"No laboratorio do INEF levan traballando anos en múltiples facetas do movemento e da neuroloxía e recentemente tense anunciado unha app para enfermos de parkinson"

Recentemente, tamén, un atleta chairego, José Cuba, numerosas veces campión estatal de loita olímpica repetiu titulo. Foi iniciado polo actual decano, Xurxo Dopico e posiblemente represente aos chairegos todos na Olimpiada de Brasil.

Coma él, son numerosos os deportistas xurdidos ou formados no INEF de Galicia, esa factoría de actividade física para a saúde que aínda sin sabelo, traballa a diario para o noso benestar e da que debemos estar orgullosos.

En piscinas, ximnasios, instalacións deportivas, centros médicos, e campos de competición, hai profesionais e deportistas formados e/ou asesorados polo INEF Galicia, que contribúe a ter un país máis san e saudable. 

Comentarios