Opinión

Galicia es una mierda

Parece que o País vai camiño de disolverse, a renuncia é palpable.

Parece que o País vai camiño de disolverse, a renuncia é palpable. Perdemos falantes do idioma propio, deixamos destruir o patrimonio, o nacionalismo, agás unha minoría en descenso, parece ter demitido en beneficio de forzas estatais e aínda en momentos de crise e coa evidente perda de dereitos públicos, as forzas da dereita reaccionaria parece que se manteñen nese poder que desde Franco nunca abandonaron agás períodos curtos como os do tripartito primeiro e do bipartito despois.

"Un país con enormes potencialidades empeñado no suicidio e que renega daqueles que o defenden contra vento e marea"

É o que hai, tal e como di a canción de Ataque Escampe "Galicia es una mierda". Un país con enormes potencialidades empeñado no suicidio e que renega daqueles que o defenden contra vento e marea, que renega de todo o que lle é propio a se abraza insistentemente a quenes o sumiron no atraso desde a idade media.

O inimigo vai conseguindo que as señas de identidade galegas sexan as churrascadas, mentras se desmantela a nosa economía e emprego e os servizos públicos. Efectivamente, "Galicia es una mierda" así nos tratan e nós encantados descontando a catro politicos e sindicalstas que siguen a pelexar contra o mundo, e nunca millor dito, incluida Merkel ou os israelitas.

Cando Castelao decía no seu debuxo que "mexan por nós e hai que decir que chove" hoxe poderíamos decir que "mexan por nós e parecemos satisfeitos".

E mentras, os nacionalistas e galeguistas, cada quén coas súas lerias, e o país, nesa agonía da que ninguén parece enterarse, ou si, pero que non importa porque " Galicia es una mierda".

Comentarios