Opinión

Entrar aos Vilares, unha parroquia de película

Hai vida no rural fóra das urbes que promocionantodo canto se fai mentras o traballo en parroquias e aldeas parece caer no esquecemento. Asociacións, veciñanza e iniciativas no rural pulan por poñer en valor esa parte fundamental do país moitas veces sen recursos e mesmo sen escaparates para onde difundir o traballo tan importante que se fai. Unha mostra máis dese traballo tivo lugar hai unhas semanas, coa estrea na igrexa da parroquia do poeta Díaz Castro do documental Entrar aos Vilares, que convirteu por unhas horas o templo relixioso nun cine para presentar a o filme aos seus propios protagonistas nunha xornada singular e cargada de simbolismos. O proxecto Os Vilares, lareira de soños, que promove Pastora Veres, ve deste xeito cumprida unha das partes, o documental de Cibrán Tenreiro, que complementará en formato DVD o libro que ela está rematando sobre a parroquia chairega.

'Entrar aos Vilares', que convirteu por unhas horas o templo relixioso nun cine para presentar a o filme aos seus propios protagonistas nunha xornada singular e cargada de simbolismos

A película, de casi unha hora de duración ten un plantexamento que raia o experimental, ao prescindir de voz narradora e de guión preestablecido, sendo os tres rapaces realizadores, descoñecedores da parroquia e dunha xeneración non nacida no rural os que se adentran nos Vilares descubrindoa coas testemuñas dos veciños e veciñas convertindo a propia experiencia no guión "on line". Os trapeiros, o poder, as festas, a guerra, o clero, a aparición das novas tecnoloxías, as costumes, o pasado, presente e futuro, as comunicacións, os animais, a cultura propia, van pasando na voz natural e distendida das xentes do lugar e a reflexión dos autores ao longo da metraxe do documental. No filme, priorizouse a naturalidade sobre o formalismo, o movemento anárquico da cámara lembrando por momentos, mesmo a rodaxe de videos caseiros, o que reclama a atención do espectador. O traballo deixa abertos os contidos para o debate, a conteoversia e a reflexión após do visionado, dada a visión subxectiva de cada unha das persoas que falan na cinta.

As imaxes antigas do pasado con voces en off do comenzo dan paso á "entrada" simbólica no territorio dos tres autores da cinta do mesmo xeiro que a "saída" do mesmo lugar precede a un remate no presente da parroquia. Unha.maneira diferente de contar, un documento que deixa, ademáis, ducias de horas de gravacións que non saen no documental pero que son un importante fondo documental para a historia dos Vilares e que algún día será aproveitado. Sen dúbida un traballo valente e novidoso, unha nova aportación ao rural e unha ferramenta a sumar á parroquia do poeta e ao rural chairego e galego para afondar no seu coñecemento. Parabéns á Lareira de soños e a Cibrán, Toni e Xacobe polo seu traballo impagable.

Saúdos trapeiros.

Comentarios