Opinión

Emprendedores? Si home si...

Pasados xa dous anos da reforma laboral do Partido Popular, os datos son incontestables. Máis paro, independentemente de quen aporte as cifras, máis emprego precario, menores salarios agás para os altos executivos de empresas, máis beneficios para as grandes empresas e corporacións e menos afiliados á seguridade social.

Pasados xa dous anos da reforma laboral do Partido Popular, os datos son incontestables. Máis paro, independentemente de quen aporte as cifras, máis emprego precario, menores salarios agás para os altos executivos de empresas, máis beneficios para as grandes empresas e corporacións e menos afiliados á seguridade social.

"En dous anos o paro pasou do 20 ao 26%,  hai casi 900.000 afiliados menos á S.S. e os expedientes de regulación de emprego son pan de cada día".

O PP defendía esta reforma para crear mais emprego, principalmente para a mocidade, rexenerar a economía e incentivar o consumo, xusto o contrario do que teñen acadado. Os mozos están parados, traballando por horas ou marchando fora.

En dous anos o paro pasou do 20 ao 26%,  hai casi 900.000 afiliados menos á S.S. e os expedientes de regulación de emprego son pan de cada día.

A suba do IVE en casi 10 puntos perxudicou claramente ao consumo e a recadación deste imposto baixou casi 16.000 millóns de euros. Todo visto así parece como si se quixera facer todo ao revés do que se debería, e así é, o goberno de Rajoy tomou xusto as medidas contrarias ao mandato do poder económico,  e liquida así ás clases medias, acentúa as desigualdades facendo máis ricos aos ricos e máis pobres aos traballadores. Obxectivo cumplido.

"A suba do IVE en casi 10 puntos perxudicou claramente ao consumo e a recadación deste imposto baixou casi 16.000 millóns de euros. Todo visto así parece como si se quixera facer todo ao revés do que se debería"

E si non hai emprego fágase vostede emprendedor, pague uns autonomos que acaban de subir na cuota mínima por riba dos 300€, apuntese alomenos tres anos a un IVE de Caixa para que empresas grandes non contraten servizos por mor dun IVE tramposo e perxudicial tal e como está plantexado.

Eso si, o futbol que teña o IVE rebaixado pero a cultura non, e si a presión fiscal non sirve para manter os servizos públicos e o estado do benestar, e as becas de estudio, a sanidade, e unhas garantías de futuro, e os dereitos sociais se convirten en beneficencia e esmola, para qué pagamos?

Os autónomos deben saber que en países europeos máis desenvolvidos que o estado español, as cuotas oscilan entre 20 e 40€,  e non máis de 300, as licencias para un negocio activanse en poucos días e dan facilidades. Aquí calquer iniciativa supón centos de obstáculos sumados á pesima situación económica.

"En países europeos máis desenvolvidos, as cuotas oscilan entre 20 e 40€,  e non máis de 300, as licencias para un negocio activanse en poucos días e dan facilidades".

Temos mérito e infinita paciencia. O retroceso na calidade de vida experimentado en dous anos é dos máis alarmante da historia e si a esto sumamos algo aínda peor, o retroceso no plano ideolóxico e de liberdades e a corrupción xeneralizada, calquera reacción social, e mesmo violenta, aínda que criticable, resulta comprensíble.

Por iso, cando no goberno de Madrid (e na filial de Compostela) se lles enche a boca falando de emprendemento, só nos queda dedir: Si home si...

Comentarios