Opinión

O campamento de Parga: mal presente para aquel pasado...

Todos lembramos aquel famoso campamento militar na parroquia de Santa Cruz de Parga creado no ano 1944 en terreos cedidos pola comunidade de montes de maneira gratuita e forzosa (era franquismo) aínda que figuran como mercados. Foron 100 hectáreas cedidas e 25 mercadas a posteriori. Eran outros tempos...

Todos lembramos aquel famoso campamento militar na parroquia de Santa Cruz de Parga creado no ano 1944 en terreos cedidos pola comunidade de montes de maneira gratuita e forzosa (era franquismo) aínda que figuran como mercados. Foron 100 hectáreas cedidas e 25 mercadas a posteriori. Eran outros tempos...

Creado como batallón de enxeñeiros aínda que nunca exerceu para ese fin, comenzou con soldados hospedados en casas de veciños e posteriormente foi evolucionando até contar con arredor de 4000 soldados no seu período máis puxante.

"O mando actual está a pechar os lindes do campamento cunha alambrada con coitelas ilegais baseandose nunha ordenanza de Carlos III que supón un perigo para os animáis e as persoas".

Tal continxente repercutíu positivamente na economía das parroquias colindantes, tanto pola compra de suministros, as tabernas o medre físico das instalacións que pasaron de tendas de campaña a barracóns de madeira e posteriormente de pedra de Parga, construcción da estrada, etc. Chegou a ter un pozo de 90mts. de fondo e un depósito de 400.000 litros de auga, o que da unha idea das súas dimensións e importancia.

Foi o Centro de Instrucción de Reclutas (CIR) número 13 con 4 batallóns de soldados únicamente galegos e sendo o centro militar máis importante de Lugo aló por 1965. No ano 1975 deixou de ser campamento e crease a comandancia militar de Parga pasando este a ser centro de maniobras e tiro.

Hoxe é un pequeno destacamento mandado por un teniente coronel o que ocupa os terreos deste antigo campamento.

Na cesión dos terreos aos militares non se negociou a reversión dos mesmos aos seus propietarios naturais e lonxe de ceder todo ese monte de 125 hectáreas para o uso público orixinario, está a haber problemas.

O mando actual está a pechar os lindes do campamento cunha alambrada con coitelas ilegais baseandose nunha ordenanza de Carlos III que supón un perigo para os animáis e as persoas.

Un sinsentido baseado nunha norma obsoleta e atemporal e mesmo con ameazas veladas a aqueles veciños da zona que intentan impedilo.

A actitude prepotente, mesmo chulesca do mando militar de Santa Cruz de Parga vese alimentada polo pasotismo dunha institución municipal de Guitiriz que debera recurrir esa alambrada pola xustiza ordinaria para preservar os dereitos e a seguridade dos seus veciños e mesmo negociar a reversión dunha cesión gratuita que tería hoxe mellor uso como monte público e uso civil dos seus beneficios, mesmo cómo agradecemento do estado polo apoio prestado tantos anos.

"A actitude prepotente, mesmo chulesca do mando militar de Santa Cruz de Parga vese alimentada polo pasotismo dunha institución municipal de Guitiriz que debera recurrir esa alambrada pola xustiza ordinaria para preservar os dereitos e a seguridade dos seus veciños"

Lonxe disto, imponse no perímetro deste monte este tipo de alambrada que nin siquera se instala en lugares fronterizos de bastante máis tensión que nas pacíficas terras desta parroquia guitirica.

O Ministerio, o Concello, o Delegado do goberno e mesmo o resto de institucións deberán tomar medidas e impedir este peche perimetral unha vez que o antigo campamento está reducido a un uso mínimo, con terreos integrados nunha contorna natural e agrícola rural.

O destacamento e a zona retroalimentaronse ao longo dos anos e non pode agora estar sometida esta convivencia a decisións militaristas absurdas de mandos académicos con ansias de trepar a costa do que sexa.

A actual tensión, inexistente en 70 anos na zona, está provocada polas desacertadas decisións e actitudes do mando militar e aqueles estamentos superiores que llo permiten e as institucións públicas que o abalan co seu pasotismo.

Agora, máis que nunca debe prevalecer o sentido común, máxime cando en tempos de máximo apoxeo, nunca houbo problemas cos veciños e cando o peche histórico era un.simple balado de terra.

Agora, este peche de cuitelas, marxina á parroquia e trata aos veciños como si foran hostís e/ou delincuentes.

O peche con este alambrado non ten sentido nin xustificación nestes tempos e menos a mentalidade daqueles que impoñen esta decisión.

Daquela, hai 70 anos eran outros tempos pero as actitudes dos militares nestes tempos en Santa Cruz de Parga parece que superan os do franquismo...

Hai que parar ese peche perimetral xa!

Comentarios