Opinión

A Terra Chá, potencia sin control...turístico

Non sei si moita xente opinará o mesmo pero teño a sensació de que na Terra Chá existen numerosas potencialidades e atractivos turísticos pero pouco rendabilizados ou deslabazados, sin un plan homoxeneo nin aproveitamento dabondo.

Non sei si moita xente opinará o mesmo pero teño a sensació de que na Terra Chá existen numerosas potencialidades e atractivos turísticos pero pouco rendabilizados ou deslabazados, sin un plan homoxeneo nin aproveitamento dabondo.

"Na Terra Chá existen numerosas potencialidades e atractivos turísticos pero pouco rendabilizados ou deslabazados, sin un plan homoxeneo nin aproveitamento dabondo".

Balnearios e Spa,  charcas, patrimonio, cultura, paisaxe característica, gastronomía, etnografía, ocio, deporte, festas, historia... multitude de atractivos que son abordados desde compartimentos estancos, sectoriais e desde concellos de maneira local e con escasa efectividade.

Descoñezo si existe un Plan de Turismo para o conxunto da Terra Chá, pero calquer estudante sabe que é necesario ter como oferta un destino conxunto e non só un destino local máis dependente dun negocio ou evento local.  Un DAFO que analice as debilidades e potencias  e marque obxectivos, que fixe recursos e implique a institucións, empresas e cidadáns faise hoxe máis necesario que nunca, porque o turismo é industria e riqueza, recursos para a comarca máis grande do país.

A participación en feiras, promoción, sinalización dos recursos turísticos, negociacións con operadores,  publicacións propias e especializadas, personal profesional, son armas que poden xerar riqueza en momentos de crise nunha comarca que ofrece de todo e todo con calidade, pero o mellor do mundo de nada vale si non se coñece...

"Resulta preocupante acudir a FITUR e ver estándar de Galiza, ao lado a Costa da Morte e outros, cadaquén como lle peta pero dando unha imaxe de descontrol que é moi perxudicial".

Patrimonio sen sinalizar e descuidado, establecementos obsoletos, falta de información xeral e concreta nunha páxina específica da Terra Chá,  en publicacións, pouca e mala visualización audiovisual promocional,  e falta de esa suma social de todos, evidencian o desaproveitamento dun potencial que está, existe pero que non se toma en serio dabondo.

A maioría dos concellos fan accións puntuais illadas de promoción de elementos propios pero desconectado do conxunto, ao igual que a Terra Chá deslabazada de Galiza, responsabilidade esta da Xunta, que non ten un verdadeiro programa global. Resulta preocupante acudir a FITUR e ver estándar de Galiza, ao lado a Costa da Morte e outros, cadaquén como lle peta pero dando unha imaxe de descontrol que é moi perxudicial.

Hai un problema cando un balneario de primeiro nivel como o de Guitiriz está en apuros que evidencian que algo se està facendo mal turisticamente na comarca. Haberá que reflexionar nas causas e buscar,  primeiro solucións e despois medre e expansión.

Estase a tempo e serán cartos ben investidos pero axustándose a un verdadeiro Plan de Turismo da Terra Chá.

Comentarios