Opinión

Asamblea Nacional Galega

Vendo o que se está a mover no estado para o futuro arrastrado pola vontade de autogoberno de Catalunya, é previsible que algo suceda nos vindeiros meses.

Vendo o que se está a mover no estado para o futuro arrastrado pola vontade de autogoberno de Catalunya, é previsible que algo suceda nos vindeiros meses.

Todos somos conscientes de que Catalunya e Euskadi xogan noutra división na que Galiza nin está nin se lle agarda por moito que esteñamos nese carro virtual das comunidades históricas.

Tampouco está o goberno galego xogando nesa liga, sinón que está cómodo nesa terra de ninguén da falsa esmola do que se nos rouba primeiro.

"Sería moito pedir algo de altura de miras? Un proceso de unión entre TODAS as forzas políticas nacionalistas e galeguistas sin exclusión? Incorporar a título individual tamén á sociedade civil?" 

O certo é que mentras esto sucede, o nacionalismo vai nun camiño suicida da parcelación tal minifundio agrícola perdendo apoio electoral e deixando entrar na súa base social a forzas de ámbito estatal.

Esa feira de vanidades de persoas e forzas do nacionalismo galego semella máis unha guerra entre iguais mentras o verdadeiro inimigo goza dun colchón que lle permite manter o control a pesares 
Das evidentes debilidades e retrocesos.

Diante desto, sería moito pedir algo de altura de miras? Un proceso de unión entre TODAS as forzas políticas nacionalistas e galeguistas sin exclusión? Incorporar a título individual tamén á sociedade civil? Crear ese movemento non é unha idea máis ou menos orixinal, é unha necesidade apremiante para non.perder o paso da nosa historia e sumarnos como protagonistas activos do noso futuro. Galiza necesita unha ASAMBLEA NACIONAL GALEGA, integradora, maioritaria propiedade dos galegos e galegas e na que as forzas políticas sexan instrumentos para acadar obxectivos reais e non só declaracións de intencións.

"Galiza necesita unha ASAMBLEA NACIONAL GALEGA, integradora, maioritaria propiedade dos galegos e galegas"

O nacionalismo debe ter vocación de dirección do país e non só de reivindicación mentras outros nos gobernan.

Esa ASAMBLEA NACIONAL GALEGA, deberá ser xa a principal tarea de forzas do país. De non chegar a este cometido no que todos nos sintamos representados está claro que non estarán á altura do momento histórico, e non sirve botar culpas a terceiros nin ao inimigo, que está para iso...

Primeiro paciencia e despois independencia... decía un ex predidente de Catalunya. En Galiza xa esgotamos o cupo da paciencia, agora toca activarnos para non seguir nesta estación que leva a ningures...

Comentarios