Opinión

"Anova" maneira de facer política

Alguén desas cabezas privilexiadas, especialistas en estratexia politica, debería explicarme este lío, máis ben "hotel dos líos" que decía Marx, Groucho, no que anda metida esa organización politica que practica, según eles unha "Anova" maneira de facer política.

Alguén desas cabezas privilexiadas, especialistas en estratexia politica, debería explicarme este lío, máis ben "hotel dos líos" que decía Marx, Groucho, no que anda metida esa organización politica que practica, según eles unha "Anova" maneira de facer política.

"Os mesmos criticaban no BNG, causa da súa marcha, pero que se vai calcando agora... acusacións de malas prácticas,  exceso de control do aparato... o de "Anova" lembra máis ben "A vella", máis do mesmo pero peor".

Hai unha serie de cousas que me resultan cando menos diferentes na maneira de facer, e sobre todo de entender. Os mesmos que ate agora andaban encantados do éxito acadado por AGE nas autonómicas indo entre outros con IU, mosqueanse agora porque a asamblea aproba por maioría pírrica ir con IU ás europeas. A ver... somos nacionalistas indo con sucursalistas nas galegas e non somos ou somos menos indo cos mesmos ás europeas...

Nova maneira de facer politica que se me fai coñecida e que no pasado os mesmos criticaban no BNG, causa da súa marcha, pero que se vai calcando agora... acusacións de malas prácticas,  exceso de control do aparato... o de "Anova" lembra máis ben "A vella", máis do mesmo pero peor.

No nacionalismo, no galeguismo deberan estar superados os debates sobre a concurrencia en coalicción con forzas sucursalistas estatais en TODAS as consultas e ou eleccións. É intrínseco ao ser do nacionalismo, do galeguismo.

Esto que penso non redime de culpa á dirección oficial agora dimitida, vella guardia do Beiras agora decepcionados co fillo que axudaron a criar e que vai directo a un suicidio por non saber xestionar en clave de País un éxito que pensaron permanente pero que como en éxitos anteriores con Beiras á cabeza responderon a circunstancias históricas concretas.

"Vella guardia do Beiras agora decepcionados co fillo que axudaron a criar e que vai directo a un suicidio por non saber xestionar en clave de País un éxito que pensaron permanente pero que como en éxitos anteriores con Beiras á cabeza responderon a circunstancias históricas concretas".

O nacionalismo, ao meu ver, ou alomenos neso me educaron, debe ter como fin último irrenunciable a independencia, superar os tabús e traballar a diario, paso a paso con ese obxectivo, esa referencia. Os coqueteos con forzas de natureza oposta en aras de non se sabe que éxitos trae estes resultados, que non xeneran debates de tipo estratéxico, sinón un verdadeiro debate básico de fondo e do que sae, sen dúbica beneficiada IU, que está encantada co Beiras e co que está a pasar en Anova.

Magoa que o que algún vendeu como unha renovación do nacionalismo vaia camiño de reproducir os defectos de sempre, e que mentras Feijoo, a pesares da patética situación do país, e refírome a Galiza, xa que algúns teñen dúbidas, esteña fregando as máns  e ríndose dos eternos desgastes de forzas dos nacionalistas en outras guerras, como na vida Brian, totalmente actual.

Si eu sigo sin entendelo,  supoño que a maior parte da sociedade galega está coma min, e ese é o problema.

Comentarios