Opinión

Afillad@s de Pepe

Pepe do Vilariño, Xosé María Díaz Castro, recibirá aló polo mes de Outubro varias homenaxes lembrando os 25 anos do seu pasamento.

Pepe do Vilariño, Xosé María Díaz Castro, recibirá aló polo mes de Outubro varias homenaxes lembrando os 25 anos do seu pasamento.

As celebracións do día das letras do pasado ano 2014 non tiveron nada que ver coa pouca actividade cultural e de homenaxes que se rinde ao homenaxeado deste ano 2015, mais ben escasas.

Díaz Castro deixou un grande impacto no ensino e na sociedade, pero ten motivado tamén que na súa parroquia, Os Vilares, dalgunha maneira teñan florecido iniciativas poéticas.

"Díaz Castro deixou un grande impacto no ensino e na sociedade, pero ten motivado tamén que na súa parroquia, Os Vilares, dalgunha maneira teñan florecido iniciativas poéticas".

O autor do seu video, O Instante Eterno, ten publicado varios traballos como O manual do misantropo, de Espiral Maior. Gañador do premio GZ Crea, e tamén en obras colectivas A poesía na cidade do século XXI ou 159 cantares a Rosalía de Castro (libro electrónico).

Luz Campello, natural da veciña  Labrada con familia de orixe vilarega públicos con Xermolos Do corazón da Terra e presenta o vindeiro día 5 de xuño en Guitiriz Inventario do Prohibido coa editorial Espiral Maior.

Jaki Quintela ten publicado recentemente tamén a través da Asociación Cultural Xermolos o poemario Delta, dentro das numerosas actividades realizadas pola imparable entidade presidida por Alfonso Banco Torrado.

Mar Beres vén de publicar tamén na obra colectiva Misturas, de arte e poesía, varios poemas, ademáis de participar na iniciativa literaria e artistica Moon Magazine.

E José André Lôpez Gonzâlez, afincado en Madrid, ensaísta político e coñecido polos seus estudos sobre a figura do Apalpador, ten publicado tamén poesía, algunha delas adicadas a Díaz Castro, mesmo cando soubo do seu pasamento a través do amigo común Raúl Río.

Nin son os únicos nin os definitivos pois hai máis que teñen publicado en revistas e publicacións de entidades ou xornais electrónicos e locais, simplemente reseñas os que teñen publicado en libros, que non son.poucos para esta pequena parroquia de apenas seiscentos habitantes, a parroquia de Pepe do Vilariño.

Esta sorte literaria, est@s Afillad@s de Pepe, homenaxearán tamén a Díaz Castro aló polo mes de Outubro nun acto poético musical con poetas da parroquia promovido por Xermolos e Os Vilares, lareira de soños e coa colaboración de outras entidades, da mellor maneira que se pode, vendo que o mestre conserva alumnos alí mesmo nos Vilares, onde florece a poesía...

Comentarios