Opinión

Quero rei

Hoxe había un rei. Mañá haberá outro. Que vértixe! Por un momento pensaba que quedaríamos sós, desamparados de proteción, inmersos nese mar de névoa que imaxinaba que sería o éter. A nada. Que ía ser de nós sen rei.

Hoxe había un rei. Mañá haberá outro. Que vértixe! Por un momento pensaba que quedaríamos sós, desamparados de proteción, inmersos nese mar de névoa que imaxinaba que sería o éter. A nada. Que ía ser de nós sen rei.

"Quen ía ir visitar os jeques medievais do Pérsico, para valer á mafia española de construtores, banqueiros e accionistas, que goberna o estado baixo o cordel da avaricia".

Quén ía a encabezar as nosas pregarias aos santos, rendir tributo ao Papa de Roma, axoenllarse ante as arcaicas cruces entonando rezos ocos para conservar a paz mentres apunta con cañóns a calquera que se move.

Quén ía actualizar as Meninas a través do Hola ou o ABC, con fotos xenerosas, con traxes de Hermés, con divinas lámpadas de Murano.. con maquilladas miradas en lontananza, hieráticas, acompañados de dama, fillos e eses cans que figuran nas fotos, coma antes nos óleos de Palacio, metáfora dos súbditos e os poderosos exércitos.

Quen ía ir visitar os jeques medievais do Pérsico, para valer á mafia española de construtores, banqueiros e accionistas, que goberna o estado baixo o cordel da avaricia.

Como sen rei iamos sentirnos orgullosos da transición suarista, eses modernazos que souberon, sen despeinarse, traducir a votos a herdanza das sanguinarias baionetas.

"Como sen rei iamos sentirnos orgullosos da transición suarista, eses modernazos que souberon, sen despeinarse, traducir a votos a herdanza das sanguinarias baionetas".

Quen sen rei podería dicir que é persoa digna, libre, cultivada, positiva e cariñosa? Podería alguén hoxendía vivir nesa tristísima orfandade?

Poderían vivir sen rei os parados, as familias sen vivenda, os universitarios do INEM, os que agardan por unha ciruxía, os que xa non hai quen queira nun traballo, os que curran a contagotas no asteleiro que venderon aos mexicanos, os estafados polos bancos, os comerciantes sen mercados, os poetas sen leitores, os mariñeiros sen barcos, os actores sen público, os gandeiros sen vacas ou os hipotecados sen nómina? 

Que farían sen rei borbón os galegos emigrados á forza a Londres ou Berlín, os arquitectos sen encargos ou os reporteiros sen xornais... 

Seríamos algo no mundo sen un rei xordo ante o idioma das nosas nais, mudo ante a cultura da nosa estirpe e cego ante os eucaliptos da nosa paisaxe?

"O único rei que preciso é un rei que me ampare, que me dea calor mentres vexo unha peli, que me queira, que me axude cada día a ser libre, a ser mellor. É o rei que quero"

Que sería deste país sen o rei que aparece cada noiteboa co monótono rosario de babosadas semánticas para consumo de bobos alienados, valeiras coma tazas con telarañas, estúpidas coma asar fanegas de manteiga.

Non sei se na república das persoas libres poderíamos mirararlle ao xefe á cara, e cambialo cando minte ou argalla nas alcantarillas do estado para defender a libertade de mercado, as grandes finanzas internacionais ou a privatización dos sistemas básicos da nosa vida común.

O único rei que preciso é un rei que me ampare, que me dea calor mentres vexo unha peli, que me queira, que me axude cada día a ser libre, a ser mellor. É o rei que quero. Ese concepto que meus pais me ensinaron cando me dicían meu rei. E ese rei xa o teño. Non preciso máis outro para andar tranquilo pola vida.

Artigo tirado de pontevedraviva.com

Comentarios