Opinión

Carta aberta ao director de Ence-Pontevedra

Sr. Casal:

Recollen os medios de comunicación do pasado día 8 unhas declaracións súas coas que pretende descualificar os datos feitos públicos nun comunicado da Asociación Pola Defensa da Ría da que son presidente. Di Vde., Sr. Casal, que “pretendemos generar sospechas” sobre ENCE e mesmo que falseamos a realidade cando denunciamos –con datos oficiais na man- que a Xunta de Galicia ten realizado unha única “Dilixencia de Inspección” no ano 2012 (o día 29 de novembro) dos vertidos de ENCE á Ría e que nesa mostra (analizada pola empresa Labaqua S.A.) obsérvase a presenza de contaminación microbiolóxica; atrévese a afirmar Vde. que non existen tales datos cando abonda con botar unha ollada aos resultados ofrecidos pola citada empresa no seu informe Nº 1145186 emitido o día 7 de decembro de 2012 para comprobar este particular.

"Non houbo ningunha explicación oficial da empresa ata ben pasadas 20 horas do escape. E tentaron minimizar o sucedido afirmando, mais unha vez, que non existiron molestias para a poboación."

Pero Vde., Sr. Casal, e a fábrica que dirixe, non se caracterizan precisamente pola transparencia; non só falsean a realidade senón que pretenden ocultala. Onte mesmo houbo un incidente na empresa pasteira de Lourizán, un incidente que provocou un nivel oloroso superior ao existente diariamente na nosa bisbarra e a intranquilidade dunha parte da cidadanía que sufriu picor de ollos, nariz e/ou gorxa segundo referiron á APDR e ao Concello capitalino, e Vds. permaneceron calados, agochando a cabeza coma o avestruz ata que a poboación e os responsábeis municipais alertaron da situación. Mesmo non houbo ningunha explicación oficial da empresa ata ben pasadas 20 horas do escape. E tentaron minimizar o sucedido afirmando, mais unha vez, que non existiron molestias para a poboación.

"Esiximos a saída inmediata de ENCE-ELNOSA de Lourizán e que non se conceda ningunha prórroga da súa concesión".

É moi grave que sigan empeñándose Vds., Sr. Casal, en ocultar a realidade á cidadanía, pola que demostran ter unha absoluta falta de respecto desde hai xa demasiado tempo, como sería moi grave que a Xunta de Galicia siga mirando para outro lado. Unha empresa que agocha a realidade, que sigue destruíndo o medio ambiente, os recursos naturais, a calidade de vida da cidadanía e a economía da bisbarra non pode permanecer por máis tempo no seu actual emprazamento; por iso insistimos en esixir a saída inmediata do complexo ENCE-ELNOSA de Lourizán e que non se conceda ningunha prórroga da súa concesión.

Sen outro particular,
Asdo.: Antón Masa, presidente da APDR

Comentarios