Opinión

A APDR síntese reforzada polas denuncias públicas de ENCE

Resulta certamente patética a denuncia pública realizada pola empresa ENCE pola suposta presenza irregular das pancartas anti-ENCE penduradas pola nosa Asociación; patética polo pueril da protesta, que deixa ver o dano que lle fai á ilegal empresa pasteira a nosa posición firme na defensa do dereito da cidadanía a ver a Ría libre de empresas contaminantes e libre tamén de freos a un modelo de desenvolvemento económico quen de crear postos de traballo de calidade e que nos anima a seguir nesta liña. Dóelles, por exemplo, ver a presenza da nosa propaganda –e a boa acollida entre a cidadanía- nunha etapa da volta ciclista na que, por certo, o patrocinio de ENCE pasou absolutamente desapercibido

Resulta certamente patética a denuncia pública realizada pola empresa ENCE pola suposta presenza irregular das pancartas anti-ENCE penduradas pola nosa Asociación; patética polo pueril da protesta, que deixa ver o dano que lle fai á ilegal empresa pasteira a nosa posición firme na defensa do dereito da cidadanía a ver a Ría libre de empresas contaminantes e libre tamén de freos a un modelo de desenvolvemento económico quen de crear postos de traballo de calidade e que nos anima a seguir nesta liña. Dóelles, por exemplo, ver a presenza da nosa propaganda –e a boa acollida entre a cidadanía- nunha etapa da volta ciclista na que, por certo, o patrocinio de ENCE pasou absolutamente desapercibido.

"Dóelles ver a presenza da nosa propaganda nunha etapa da volta ciclista na que, por certo, o patrocinio de ENCE pasou absolutamente desapercibido".

Pero no seu pueril intento por desprestixiar á Asociación Pola Defensa da Ría, os directivos de ENCE atrévense a dicir que a APDR “incumpre os mais mínimos estándares de transparencia ao ocultar o seu presuposto e os fondos públicos que reciben”. Resulta penoso que unha empresa caracterizada entre outras cousas polos seus intentos por silenciar os numerosos escapes na súa obsoleta fábrica de Lourizán (aos que eufemisticamente chama “episódios olorosos”) bote man de argumentos tan pouco sólidos e tan doados de desmontar.

Vaia por diante que a APDR só ten a obriga de dar conta dos seus presupostos ás persoas que forman parte da asociación, que anualmente os veñen aprobando, pero que nada temos que ocultar. Diremos que nos nosos 25 anos de vida só temos recibido 3 subvencións públicas, unha da Xunta de Galicia presidida por Fraga e dúas da Xunta de Galicia presidida por Touriño; que en todos os casos foron froito da nosa participación en convocatorias públicas e debidamente regradas; que todas elas foron aplicadas ás actividades propostas na solicitude e debidamente xustificadas diante da Consellería responsábel da convocatoria. Que en ningún caso a APDR ten solicitado nin recibido subvención ningunha de ningún outro organismo e que tampouco ten recibido nunca subvencións de ningún partido político. Os nosos ingresos teñen unha orixe ben clara e proceden exclusivamente das cotas das case 600 persoas que hoxe forman parte da asociación, das pequenas achegas económicas realizadas por particulares e empresarios que simpatizan coa nosa tarefa na defensa da Ría e que queren ver a ENCE e a ELNOSA fóra da nosa Ría, e dos cartos procedentes da venda pública de material.

"Agardamos da empresa un verdadeiro exercicio de transparencia como agardamos un maior respecto pola poboación, no cumprimento da lexislación medioambiental en tanto non chegue o ano 2015 no que deberá poñer fin á súa actividade"

Pero resulta patética tamén esta denuncia de ENCE porque estamos a falar dunha empresa que oculta de forma sistemática os datos relativos aos impostos que paga no Concello de Pontevedra; que non di nada sobre canto paga pola auga que consume, polo espazo físico que ocupa en terreos que son de todos e todas nós e que nin sequera explica se pagou ou non as débedas contraídas con Augas de Galicia nos anos 2004 a 2006 polo canon de saneamento e polo convenio asinado no seu día entre a empresa e o organismo autónomo da Xunta de Galicia, uns cartos reclamados polo organismo autónomo.

Agardamos da empresa un verdadeiro exercicio de transparencia como agardamos un maior respecto pola poboación, un respecto que ten que vir da man do cumprimento da lexislación medioambiental en tanto non chegue o ano 2015 no que deberá poñer fin á súa actividade industrial ao finalizar a súa Autorización Ambiental Integrada, concedida e renovada de forma irregular pola Xunta de Galicia.

Asdo.: Antón Masa, presidente da APDR

Comentarios